Retrato encantador (1.950)

camion amarelo

Facía so unhas horas que amañecera. O Sol, xa fixera a súa aparición na aldea de Quintela de Calvelle, en Ourense, unha mañá de verán.

O encanto da aldea de Quintela se alzaba un día mais no reino natural e magnificente.

Era sábado, e polo tanto o neno non tiña escola. E Manuel Alberto, de cinco anos, mais amante da diversión que de estudar, se lanza a correr polo eido, no seu día libre da semana.

Manuel Alberto, é un rapaz miúdo pero robusto na súa constitución; os seus cabelos louros e a súa faciana simpática, reflexa un encanto especial co seus ollos delatores da súa viveza e precocidade.

Manuel Alberto, vive desenfadadamente e vai derrotando alegría; seu corpo vibra cando se move e seu sorriso contaxia dun modo encantador.

Manuel Alberto, non pensa nos problemas do mundo, e moi pequeno; súa única preocupación e xogar co camión amarelo cheo de terra, baixo a parra de uvas escoitando o cantar dos paxaros. O que si hai nel, e un montón de sonos de neno, e unha ansia de realizalos.

Manuel Alberto, segue virándose na súa liberdade, na brillante atmosfera que lle rodea. Na parte de abaixo, unha xenerosa sombra do cereixo, se encontra con o tío Nisio. Un veciño de Pardieiros de Calvelle. Non e seu tío, pero todos o coñecen así silencioso e pensativo. Sempre anda polos rueiros de San Miguel de Calvelle, envolto nos seus pensamentos.

A súa idade xa pasaba dos tres cuartos do século e nos seus lentos movementos se aprecian os signos do cansazo.

Manuel Alberto que o vira vir, se achega e saúda:
– Bos días señor Nisio.

E o señor Nisio non contesta pero asenta coa cabeza. O meniño, quizais impresionado polo silencio, se queda quieto e intenta arrincarlle unhas verbas.

– Estase ben neste rueiro.

– E, ti que estas facendo?

Seguramente, sen escoitar a pregunta, do señor Nisio lle lanza a súa.

– Eu veño sempre por aquí, para o meu eido.

O señor Nisio, para el as lembranzas son espiñas que se cravan na cachola e o leva a tristeza.

O señor Nisio, tivera unha dura nenez. Seus pais eran humildes e no pobo de San Miguel de Calvelle estaba afastado da civilización. Había que traballar moito para poder vivir. El non soubo de escola, nin de libros, nin case que de xogar. Afiador era o oficio que tanto honra a xente de Ourense. E pasado o tempo tivo que seguir facendo o que había feito sempre; traballar, traballar e traballar duramente para sacar adiante a familia.

Agora de vez en cando lévanlle os netos para que os vecha e logo se queda sumido na soidade, porque aínda que alí tódolos veciños o coñecen, sempre está só cos seus pensamentos.

– Pois eu, cando sexa maior tamén quero ser feliz. Si xa o son agora, e ¿Porque non cando creza?

– Ti, non tes mais remedio que ser feliz. Quizais ti non o entendas, pero tódalas xentes queren ser felices. E, ¿Como non vas a ser feliz ti agora?

O Manuel Alberto, deixou o señor Nisio, falando cos pais, e comezou a correr cara a outro lugar a polo camión de terra. Nisio, lanzou a vista para velo correr como se afastaba. Logo se levantou e comezou andar cara a costa, cos seus eternos pensamentos, a mirada cansa e a expresión triste.

Manuel Alberto, corría co camión pola horta, coa súa faciana alegre e sorrindo o vento e a súa liberdade inundando o eido. Así foi e así volo conto.