A unión obreira

Eroski

Dos meus tempos de inmigrado no País Vasco, conservo un dos modelos da fundación cooperativa, La Unión Obrera, de Araya, como consecuencia indirecta da revolución industrial.

A localización xeográfica deste pequeno pobo alavés, permitiu que durante o século XIX, se consolidara unha das industrias metalúrxicas de ferro, da familia Ajuria.

O pe da empresa, e con apoio e inspiración dun dos directivos no 1.866 fundaran a Cooperativa de Consumo LA UNIÓN OBRERA, de Araya, para fornecer de artigos de primeira necesidade os obreiros da fábrica e empregados da mesma.

Pertencentes o século XX, aparece grande documentación gardada que se perdera no 1.968 con un incendio, que facían referencia a LA UNIÓN OBRERA, coa familia Ajuria e Urigoitía. O obxectivo da cooperativa de consumo, a súa finalidade era o fornecer do mais necesario para a vida, os prezos mais baratos posibles, e isto explicaba a posesión de muíños de chocolate, café,merca de porcos e o seu sacrificio, panadería, nos anos sesenta, aberta para todo o mundo.

Naqueles tempos, a labor social era relevante: Organización con sistema médico, protección o traballador, etc., que se mantivo ata a creación do Seguro por Enfermidade, de tal forma que os traballadores asociados a cooperativa dispuñan de tres seguros asistenciais: A Mútua da fábrica de Ajuria, A Sociedade de Socorro Mútuo que existía no pobo, e o seguro médico da cooperativa.

A incautación estivo en vigor ata 1.939, momento no que se intentou reintegrar as accións os familiares dos titulares.

Coa Lei de Cooperación do 1.942 se desvincularon da fábrica, e a Obra Sindical de Cooperación, foi a encargada do seu funcionamento, ata a noite do 23 do 1.969 no que un corto circuito provocou un incendio arrasando todo o complexo.

As portas do século XXI, o resto de LA UNIÓN OBRERA, era adaptarse os novos cambios sociais nas que os homes vían na cooperativa unha razón de ser e unha forma de vivir mais humanizada, aportando todo o que a visión daquela xente non alcanzaba vislumbrar: Formación, contacto con outras cooperativas, así como un concepto do cooperativismo mais amplo e aberto.

Logo a competencia foi crecendo progresivamente, e xa na última década do século XX, a proliferación das grandes superficies, non encontraron unha fórmula mellor para afrontar as inversións necesarias que puideran plantexarse… Así naceu EROSKI nun mundo cada vez mais concentrado e internacionalizado.

Esta é unha das miñas lembranzas do cooperativismo daqueles tempos do País Vasco.