¡Oh noite escura e espida! Sigo polo camiño que me chamaron os sonos, e cada vez que bico a miña Terra Nai, brota unha carballeira.
Ti, si ti, non es como eu, ¡Oh, louco! Aínda que mires para atrás, para medir os rueiros de Fornelos da Ribeira.
Son como ti, ¡Oh, noite! Silenciosa e profunda. No corazón existe unha deusa que da a luz fillos que tocan o Ceo e o Inferno.
Non. Ti no es como eu, ¡Oh, louco! Que te estremeces ante a dor, e a canción espanta.
Son como ti, ¡Oh, noites salvaxes e terribles! Os meus oídos están cheos de gritos e de suspiros.
Non. Ti non es como eu, ¡Oh, louco! Toma o teu pequeno por compañeiro e logra ser amigo.
Son como ti, ¡Oh, cruel e terrible! O meu peito está iluminado por naves en chamas e os meus beizos están húmidos coa sangue dos asasinados.
Non. Ti non es como eu, ¡Oh, louco! Aínda que teñas desexos da túa alma xemelga, non te convertiches na única lei de ti mesmo.
Son como ti, ¡Oh, noite xovial e alegre! Porque aquel que durme baixo a sombra, está agora borracho, co viño da casa, e aquel que me sigue peca alegremente.
Non, ti non es, como eu ¡Oh louco! Porque a túa alma está envolta nun velo e non leva o corazón suxeito coa man.
Son como ti, ¡Oh noite! Paciente e apaixonado, porque no meu peito están os meus mortos sepultados e amortallados de bicos, no Cemiterio Cívico relixioso de Fornelos da Ribeira.
Así é a vida.
Debe estar conectado para enviar un comentario.