Aquelas sardiñadas no verán, coa tempada da sardiña, se debía as sardiñas asadas usando grellas sobre brasas de carbón. ¿Non te lembras xa?
Do Porto de Vigo, e da Ribeira do Berbés chegaban a Vila de Ponteareas, capital xudicial do Condado de Salvaterra do Miño, para gozar das sardiñas asadas, porque había que comelas nas romarías e festas cos dedos, servidas sobre unha rebanda de pan de millo, quedando untado da graxa. Toda unha autentica delicia.
Falar de sardiñas antes de San Xoán, e un pouco precipitado, pero en canto se ve un pouco de Sol, o estómago se menea esixindo con celebridade a “sardiñada”, para meter entre peito e lombo a primeira ducia de sardiñas asadas da tempada, nestas terras do Condado.
Lémbrome de mozo, das festas patronais, de que as sardiñas estaban profundamente ligadas a nosa cultura e gastronomía para converterse en parte do noso folclore.
Non sei o que a sardiña ten que e tan nobre como cal quer fidalgo. Entendía eu de rapaz e non e para menos.
Lémbrome de Pepa, a peixeira de Soutolobre, traballadora e curtida en mil batallas da vida, que a diario paseaba a cesta do peixe, en principio a pe e logo co burrico, de Soutolobre a Ponteareas; e de Ponteareas a Soutolobre, pasando por Angoares, Moreira, Fornelos e Lourido, descalza coa cesta de vimbio, repleta de sardiñas a cabeza, pano, mandil e faldra remangada formando parte da nosa paisaxe local.
E digo eu, todo porque a sardiña e un peixe saudable, enerxético e vitaminado cal quer outro.
Pose abundantes ácidos graxos, omega-3, que prevé enfermidades e accidentes cerebro vasculares. A bondade da súa carne inflúe a época do ano na que se consume, sendo mellor no verán, cando a sardiña presenta a súa maior índice de graxa o que acentúa o sabor e aroma.
Se di tamén que algo ten de ante depresivo e, senón, que o digan o aproximarse a un asador a xantar sardiñas con unha rebanda de pan e unha cunca de viño tinto, buscando unha lembranza perdida da infancia, en Fornelos da Ribeira, poño por caso.
Xa me gustaría a min, mirar para a carballeira de As Fraguiñas, cando o Sol quenta, chegar alí, sempre animado pola xente xenerosa, e co aroma das sardiñas, todos chamando a “gula”, zampando unha ducia, das suculentas, pringosas sardiñas, sobre o pan, graxentas, gloriosas, rezumando vida, porque unha sardiña e todo un mar. . .
Estou vendo o mar pola fiestra da miña vivenda e lembrando a Pepa co seu saleiro, e renderlle a homenaxe, como exemplo de muller, forte, cando a xente preguntaba:
¿A onde vas Pepa tan de mañá
A penas florece o alba?
– Voume para Ponteareas
A polas sardiñas prateadas
Saíndo de presa e correndo
Polos rueiros dourados,
Espertando os veciños
Coa voz alborotada?
¡Sardiñas! ¡ Ai sardiniñas!
Que colean e se escapan.
¿Por que te queres quedar
Coas sardiñas molladas?
¡Sardiñas! ¡Ai sardiniñas!
Que colean e se escapan,
Sonche da Ribeira do Berbés,
O mar de Vigo as baña.
Debe estar conectado para enviar un comentario.