Porta aberta

Salvaterra do Miño

Unha escapada o CONDADO DE SALVATERRA DO MIÑO, terra celta, romana, de veigas de millo e viñedos, con xantar e beber, está asegurado.

Non sei si será pola amurallada LAZOIRO, ou pola estraña localización de LACIDARIUM, o caso é que a xente do Condado, se identifica, mais aló dos trazos comúns, sinxelos, recios, orgullosos e pacientes, reservados, pero non desconfiados. Bastantes alegres que comparten unha cousa mais: O sentimento dunha terra que produce viño. Unha porta natural, gastronómica e cultural que segue merecendo a pena visitalo. Pero o que fai do Condado e que é un lugar único. O digo eu, que fun nado no corazón do Condado: Fornelos da Ribeira.

Escapar O Condado de Salvaterra e exercer a vida no centro físico, que digo eu, gravita o estar na raia entre Salvaterra e Monçao.

Hoxe, moverse en coche e fácil, todo está nun paseo. Cal quer rumbo o Condado e agradecido.

Visitar O Condado, e bonito en cal quer época, e no outono adquire un encanto especial por ser terra de castiñeiros, carballeiras e árbores froiteiros, que se volve a multiplicar cos viñedos e a cociña.

SALVATERRA DO MIÑO, crece ata alcanzar un tamaño respectable coa PLISAN. Aquí está todo o que fai falta ver, empezando polos pazos, igrexas e adegas que permiten o viaxeiro empaparse do pasado. O castelo e a Igrexa de San Lourenzo ofrece interesante paseo.

SALVATERRA DO MIÑO, capital do Condado, ofrece outros atractivos mais aló da historia,o seu Museo do Viño, que ten que ver coa súa animada Festa do Viño, anual.

Descubrir a maxia do silencio que xa encontraran os monxes fai tantos séculos, e seguir os seus rastros polas igrexas, ermidas e capelas, e mosteiros como o Convento de Canedo,en Ponteareas.

A historia dos viñedos con importantes restos do que foran estas terras. Todo bo.

Merece a pena probar a “lamprea”, o prato por excelencia. A Carta de Viños, tamén. Logo do postre, gañar a “última indulxencia” ante cal quer igrexa das que existen en cada parroquia.

Finalmente, e xa para os “sendeiristas” que queiran experimentar a visión das 17 parroquias que ten o Concello, lles dará opción a non defraudar: “Auga e pedra”, materia máxica, na que se funde a vida coa historia.

O PAI MIÑO e os seus fillos cos cantos rodados son un moito mais para gozar dun mundo que pecha o Condado de Salvaterra, como capital do Condado.