Os tesouros de Fornelos da Ribeira

Fornelos igrexa

A grandeza do meu pobo, Fornelos da Ribeira, non se mide polo nivel económico, na balanza que fago da apreciación, hai outros valores moito mais fundamentais: “Son os valores da cultura”.

E quero constar a cultura que tivo a súa época dourada, cando foi posible para todas as nenas e nenos a asistencia a escola diaria, e incluso nocturna, grazas a xenerosidade dos 37 emigrantes da terra afincados na Arxentina.

Alá, no Bos Aires, no medio da fartura e opulencia. Os mais destacados, os irmás Sestelo, e González, co xurista Estévez Cambra, favoreceron coas súas aportacións económicas o ascenso da cultura da nosa infancia e xuventude.

Eu quero, unha vez mais agradecerlles, en nome do pobo que os viu nacer, as súas boas intencións en favor que fixeron a parroquia. Eu ben sei o que é ter unha boa instrución, e por iso, creo que o mellor agradecemento é facer partícipe a xuventude da cultura, para escalar postos na sociedade.

Aqueles fillos da terra, emigrados, caeron na conta de que unha boa educación resultaba de grande proveito material. E determinaron as axudas necesarias.

Por aqueles anos Fornelos da Ribeira, era unha parroquia próspera: “O Sindicato” completaba a obra abrindo as portas o saber. E nace a Asociación cultural XUVENTUDE PROGRESISTA, da man de Amadeo Monteagudo a o amparo de Saturnino Piñeiro.

A Asociación Xuventude Progresista, abría a “aula” para tódolos días que non foran festivos, para ensinar a todos os que acudían, sen recompensa algunha. E como medida drástica daquel tempo, limpaban a aula, mozos ociosos, inquietos e inútiles, prexudiciais para os demais. Neste caso quero honrar a aqueles homes que souberon abrir os horizontes a aquela xuventude.

No “baúl dos tesouros”, quixen recuperar a memoria dos antepasados, historias que as veces son esquecidas, pero que aí están.

Introducíndome na Memoria Histórica, San Xoán de Fornelos, está situada no corazón do Condado de Salvaterra, entre Salvaterra e Ponteareas. O atravesa o río Tea, que rega as terras de labor. Fundada polos Fornelos de Teo, preto de Santiago de Compostela, no ano 960 que en grupo acudían a expulsar os mouros de Andalucía.

Coa caída do Antigo Réxime, Fornelos constituirase en Axuntamento, integrado no Partido Xudicial de Ponteareas, pero por pouco tempo.

Dos seus monumentos so a Igrexa parroquial,baixo a advocación de San Xoán, construída a expensas dos Tábora, cuxos escudos aparecen nas capelas laterais da igrexa.

A reitoral, e pouco mais, pois tanto a Casa Forte de Pedro Madruga, como outros históricos elementos desapareceron en tempo dos Irmandiños. Os Cruceiros foron desaparecendo quedando O Cruceiro do Casco, e o das Fraguiñas sen valor histórico, así como a capela privada Santa Rosa no rueiro do Casco.

Volvendo os obxectivos da Xuventude Progresista, era a de fomentar a cultura, favorecer a socialización e a integración fabricando o “Baúl dos Tesouros” que facían mozas e mozos, mestras e mestres, para un futuro Fornelos, que nunca chegou. . .

A idea era lembrar a Memoria Histórica de Fornelos era conseguir, entre todos, non esquecela, transmitindo de uns a outros, de pais a fillos, de veciños a nenas e nenos, de “sabios” os que non eran tanto, pero que un día puideran chegar a selo, para os que viñeran logo despois, pois non hai maior coñecemento que o que nos proporciona a nosa propia realidade e vivencias.