O cocho do can. . .

Can de Palleiro

Paseando a memoria polo Fiolledo, no Condado de Salvaterra do Miño, encontreime co “Cocho do Can”, ou covacha; e tamén co “burato da raposa”. ¿Non lembrades?

Polo Courel, o “Balbarote”, queixo, quixelo; e tamén a “Vinca”: Non quero estes calcetíns que me fan vincas nos pes polas terras de Arbo.

O “Balambán”, que se fai cunha corda atada a árbore por toda a nosa zona; e “Chía”, que é o tres da baralla das cartas polo Concello de Arbo.“Pancada”, en Porriño e Salceda de Caselas.

“Garabilleiras”, patas da galiña que escavan a terra coas uñas que escoitamos polo Condado; e por Santa Mariña de Covelo a “Vellarreza”, “Barbantesa”, “Parraguesa”.

Por Cabeiras do concello de Arbo, encontramos “Picaboi” a lavandeira; e asi poderíamos seguir co “Cebón a chego”, cocho arrimado”, “cocho da ceba”, “cocho da corda”, cocho da mata, cocho do campo, e cocho do can, por exemplo.

E neste paseo da memoria, lembreime da Serra da Estrela en Portugal, polos seus queixos; da “cova dos cochos”, rueiros máxicos da Serra, a 1.750 metros de altitude, escondido na entraña da Estrela, de campos verdes, flanqueados polos bosques de granito facturados que dan medo.

A “Nave da Mestra”, que durante moito tempo fora refuxio de pastores e rabaños. Hoxe magnífico albergue de montañeiros.

E unha magnífica ruta pola meseta da Serra da Estrela, me levou a memoria dende a Lagoa ata a Nave da Mestra, regresando logo a Cova das Conchas.

Con todo isto, entrei nos animais, nas crenzas da terra, e nos ornamentos das igrexas. Atopei tamén rochedos nos rueiros, que no folclore interveñen nos contos, nas adiviñanzas, e tal é o caso dalgúns deles, coma o raposo, o lobo, o rato, o cocho, o galo e o cuco.

Hai un refrán que di:
“Si te pica un alacrán
Busca crego e sancristán
Que mañá te enterrarán”.

Nos “cochos” soen estar pedras que nos falan de feitos históricos e culturais do noso modo de ser, e sentir; das nosas crenzas e modos de vivir, interpretando o mundo que nos rodea o longo da historia.

Falo da pedra, porque para nós, e algo mais cun mineral que se encontra de forma natural na nosa terra, e as rochas latindo o misterio. Virxes e Santos, aparecen misteriosamente nas pedras.

E non hai unha parroquia das 3.789 existentes, que non oficien rituais relixiosos, utilizando o nome das pedras.

E coas pedras de Fornelos da Ribeira, que Deus os de sorte e saúde, como para min desexo. Eu aquí me quedo coa fartura do “cocho do can”, coa alforxa chea como a dun abade, coma a dun can, crego, cuco, cura, ou “pepe”, farto coma un fol ceibe, polos séculos, dos séculos, amén.