A curta noite daquel día. . .

estrelas

Xustamente fai hoxe 120 anos lembrando a miña madriña con 20, falándome na eira de Cambra, no rueiro do Casco en Fornelos da Ribeira, de ver, con vinte anos, o eclipse de Sol, o 28 de Maio do ano 1.900. Noite esquecida no sono dos xustos que empezara con un relativo longo atardecer, e que seguira unha noite pechada de algo mais dun minuto, tras a cal, volvera a presentarse como outro novo amañecer, sen pasar polos frescores da primavera.

Facendo memoria de vello, como fago agora,debo sinalar que a maioría de fenómenos que teñen que ver co Sol, os planetas, as estrelas, crean pola escasa formación, supersticións e malos augurios.

A verdade fora que grazas a madriña que tanto falaba con migo, espertando a miña afección como aficionado a astronomía durante moitos anos,logo, despois, sobre todo na época de residencia en San Miguel de Calvelle, onde mais noites pasei co meu telescopio que aínda gardo, vixiando as estrelas.

Naqueles anos pasados na que a madriña era unha moza, penso que algún veciño lera e explicara o que era un eclipse, e non me houbera falado do habido no 1.860, quizais porque aínda non houbera sido nada. O seu pai Francisco Alonso, de San Vicente de Mañufe, en Gondomar, e a súa nai Pilar Cambra, posiblemente eliminaran relixiosamente o temor a algo descoñecido, que se aveciñaba sen lugar a dúbidas.

Posiblemente no Faro de Vigo, da época, se anunciaban datos destes fenómenos. No eido da casa solar de Mañufe, recibían o Heraldo de Madrid, e nel se marcaba o percorrido da penumbra do eclipse de Sol e a duración do mesmo.

Me comentaba a madriña, que na gloria estea, que empezara a escurecer un pouco e as galiñas buscaban o camiño do galiñeiro; outros animais desorientados vagaban sen rumbo, e algúns veciños se afanaban en lembrar con tranquilidade o susto levado ese 28 de Maio do ano 1.900.

As escenas dun eclipse total de Sol, e unha das visións astronómicas mais espectaculares que nos cativan como as de 1.905 e 1912, poño por exemplo.

¿Coñecedes o calendario astronómico para este ano 2.022? Pois este ano ben cargado de acontecementos celestiais que nos cativarán e sorprenderán. Así, o 10 de Febreiro, Mercurio alcanzará o seu maior alongamento oriental e será estupendo o momento para contemplalo o atardecer.

O 9 do Marzal, aparecerá o fenómeno da Súper Lúa, que o corre cando hai Lúa Chea, e esta, a súa vez está no punto orbital mais próximo a Terra.

O 8 de Abril, haberá outra Súper Lúa, mentres que o 21 e 22 aparecerá a chuvia de estrelas,visible.

O 7 de Maio, outra Súper Lúa, e ademais, 6 e 7 terá a chuvia de estrelas con uns 60 meteoritos por hora.

O 5 de Xuño outro eclipse penumbra de Lúa.

O 28 de Xullo, chuvia de estrelas da constelación Acuario.
O 12 de Agosto, chuvia de estrelas das Perseídas ou Bágoas de San Lourenzo.

O 8 de Outubro, chuvia de estrelas Dracónidas, e o 21, Oriónidas que xeran graos de po que deixou o Cometa Halley.

O 30 de Novembro, eclipse penumbra da Lúa, e o 13 de Decembro chuvia de estrelas das Gemínidas. O 14 eclipse total de Lúa en Arxentina e Chile.

Nada mais.