O que vostede debe saber dos viños do Condado do Tea

museo vid vino condado salvaterra

Os viños coa denominación “CONDADO DO TEA”, están integrados polos concellos de Crecente, Arbo, As Neves e Salvaterra, situados na ribeira norte do río Miño, e Ponteareas, Mondariz e Salceda de Caselas, na ribeira do río Tea.

O seu cultivo está condicionado pola climatoloxía da zona, situada nos 42º 30´ de latitude norte, e 8º de lonxitude este, adaptada para o cultivo do “vitis vinífera”. E dicir: Entre os 30º de latitude (límite sur Mediterráneo), e os 50º norte (limite norte de Mainz en Alemaña, Checoslovaquia e Praga), que determina as horas do sol o día.

As primeiras noticias do cultivo do viño no Condado do Tea, as deixou Estrabón, sendo abundantes as testemuñas do seu cultivo na época romana. Posiblemente a súa introdución se deba aos gregos ou cartaxineses no século VI ou V antes de Cristo, quen a través das emigracións dende o século I, antes de Cristo, chegaron ata o Miño. Posteriormente, a romanización a partir do ano26 antes de Cristo, e mais concretamente, a partir do século I o III, despois de Cristo, no que foron consumidos no soamente como un exotismo, senón de forma habitual moi a pesar do seu alto prezo.

Nos fai pensar que se encontraba presente nas mesas dos emperadores romanos xuntamente cos de Chipre ou Rodas, segundo di o historiador Martínez Padin.

Cre o profesor Carlos Balil, que os viños do Condado do Tea, xamais chegaron a mesa dos césares, baseado o seu argumento nas súas características, que faría que chegaran revoltos ou avinagrados. Agora ben, Diodoro afirmou que naquel entón, xa se mesturaban os viños con mel e resina de piñeiro, así como con outros produtos, como facían en Grecia, durante os viaxes.

O noso Alvaro Cunqueiro no deixou ampla testemuña de que os viños chegaron o Condado do Tea, das mans dos Císter e seus mosteiros.

Alain Huetz de Lemps, recopilara dos arquivos, bibliotecas, revistas e concellos, grande documentación sobre os viños da nosa terra, e entre eles, os do Condado de Salvaterra e limítrofes. A desaparición dos mosteiros foi mortal para a Historia do Condado. Quizais as leis de Chindasvinto, defendendo as vacacións para as vendimas, poidan darnos unha idea clara deste cultivo tan arraigado hoxe en día.

O bispo Odoarius plantara vides nas proximidades do río Miño no ano 760. O abade Astrulfus no 846, que implica que existía o cultivo na zona, aínda que sexa por aproximación.

A terra para o cultivo do viño se circunscribía as ladeiras dos ríos e profundidades inferiores a 500 metros, seguindo ambos leitos. E dicir: Dende o mesmo nivel da auga do río, ladeira arriba, con tódalas formas e disposicións imaxinables, asistindo en ocasións, a unha formidable cor e variedade de cultivos na que a coexistencia e unha sinal de identidade.

A climatoloxía fai tamén que a situación das cepas nas ladeiras, rodeadas de riscos e o emparrado das cepas sexa unha consecuencia lóxica marcada polas horas do sol que determina a altura do chan e a humidade. Polo tanto, o emparrado corresponde a corrente dos ventos para o secado do ambiente de humidade en plan ventilación.

O Condado do Tea,responde a influencia do Gulf Stream, con invernos fríos, na que o vento e a choiva, na primavera os afecta de grande maneira, sobre todo as xeadas. De aí, que as plantacións se encontren nas ladeiras dos ríos, onde están mais ventiladas e menos afectadas.

No verán, si chove abundantemente faise necesario aplicarlles grandes doses de sulfato contra o mildeu.

No outono, que e cando se vendima, a choiva inflúe na calidade do viño.

Eu sempre digo que é un pracer contemplar en todo O Condado do Tea, próxima a caída da folla, os mil e un coloridos que dende o amarelo ata o vermello, dan o cor o viño.

Desgraciadamente, no Condado do Tea, non todos os viñedos teñen as mesmas horas de sol, tan necesarias e importantes na nosa zona vitivinícola. Porque o sol e imprescindible para a calidade do viño. Así ocorre que, unhas ladeiras dean maior viño que outras; isto é, porque quizais teñan unha mellor orientación o sol, tal e o caso do Rhin, en Alemaña; ou tamén polas chuvias dos meses de verán en exceso que fan non maduren adecuadamente. Tamén a falta de auga que en determinados ciclos climatolóxicos fan que a uva non engorde.

Un exemplo práctico e “si queres recoller bo viño, planta a viña cara o solciño”.

As horas de sol anuais no Condado do Tea, oscilan entre as 2,392 e 2.000 horas , e as precipitacións en 1.452 horas e a humidade relativa nun 74.75%.

As terras do condado segundo o Mapa Agronómico Nacional, están clasificadas no grupo A. E dicir: “Terras aptas para o cultivo das vides, non así os métodos de traballo, quizais consecuencia dos rochedos, montesíos, pedregales, e outras consecuencias como excesivas pendentes, facendo verdadeiras pirámides nas ladeiras, que son verdadeiros gardas da auga de inverno, evitando o lavado dos fertilizantes.

E aínda que O Condado do Tea, careza de calcio, fósforo e potasio, o chan está normalizado en micro elementos de magnesio, aluminio, manganeso e ferro. A falta de calcio e o seu problema. O seu PH está entre o 5 ou 6 polas rochas mais orixinarias.

Na Idade Media Alta, da man dos mosteiros se desenrolaba o fomento do cultivo das vides, existindo un lagar en cada rueiro. Entón os ingleses que consumían este tipo de viño pasaban tempadas na zona, e unha proba del, e a testemuña do bispo de Tui, que lles dixera os curas párrocos que impediran aos ingleses manter relacións amorosas coas mozas para non corromper a alma.

Neste tempo existía exportadores a Inglaterra, pero no século XVI, prohibírase o envío dos viños e os ingleses aproveitaron para sustituílos polos portugueses.

Foi no porto de Vigo, onde se cargaban grandes cantidades de viño do Condado do Tea, que facía que o rei Pedro Antonio Sánchez, pedira se fixera navegable o río Miño, para darlle saída o viño do Ribeiro.

A realidade e que dende moi antigo, se cultiva o viño en tódalas parroquias e aldeas, mais remotas de cada axuntamento que conforma O Condado de Salvaterra, con mellor ou peor calidade. Iso si, con paciencia, cariño e coidados como si fora os néctares dos deuses do Olimpo.

Si o pai Miño e o pai de tódolos galegos, tamén o e o viño con tódolos demais ríos, cuxos vales e leitos son, na realidade, ladeiras deste cultivo, seguindo os seus regueiros ata a profundidade dos 500 metros.

Eu seguín o camiño do río Miño e Tea, onde obtiven as zonas irmanadas que forman as ladeiras do Miño. Naquel tempo:

Crecente tiña 190 has. Arbo, 160; As Neves 214; Salvaterra 600 con un total de 1.164 Has de produción.

Polas ladeiras do río Tea, Mondariz 143 Has, Ponteareas, 750 e Salceda 263 Has con 1.156 Has de viñedo.

Zonas homoxéneas de características de produción, calidade e consumo, acollidas a “Denominación de Origen” e as outras, destinadas mais o consumo familiar dos propios produtores. En cada unha delas se puido observar a variedade e as súas características.

O predominio das variedades para o tinto eran o Brancellao, Caiño, Pedra, Collón de galo, Espadeiro e procedentes de fora da zona o mencía e garnacha.

A variedade branca era de Treixadura e o albariño como resultado das normas que regulan a denominación de orixe.

Traballar as terras destinadas o cultivo das vides, hoxe aumentaron. Sen embargo, cada mes do marzal e maio, o sacrificado home do campo, planta súas cepas con todo esmero para logo de dous ou tres anos empezar a recoller os seus froitos que alegrar adega. Cavar a viña, sacalas herbas, facer “cabañons e unha labor artesanal”.

Sempre escoitei: Cávame tarde, bícame cedo e pagareiche o que che debo, din que dicía a viña o labrego.

A loita permanente contra as herbas, queimar as raíces sen danar as cepas, sempre coa esperanza de poder cantar o final aquelo que dicía, Pio Baroja: “Viva o bo viño que e o grande camarada para o camiño”.

Lémbrome aínda hoxe en día, da elección dos porta inxertos, da vitalidade das cepas, e da resistencia a tódolos ataques da filoxera. Tamén de cando apareceu o Consello Regulador, para a renovación da viña, os “bacelos” e as variedades autóctonas, para producir mellor calidade de viño.

Era eu un rapaz, cando vía rendar a viña ou segunda cava, para aireala acrecentando a evaporación para aproveitar as augas do verán.

Todo unha labor paciente e cariñosa dos nosos labregos, para con as cepas, mentres no seu interior vai pensando nas adiviñanzas: “Métese duro, sacase brando coradiriño e pingairiño”. Foi durante moitos anos o sustento dos artífices dos nosos viños.

Cando rapaz a presenza de cepas posibles e imaxinables se espallaban polo Condado do Tea, dende a castelá ata a catalá. Sen embargo foise cambiando a mentalidade da cantidade pola calidade, e como dixo o Doutor Marcilla, soamente con boas variedades de uvas, se pode facer bo viño. Por iso xa na miña época se estaba levando a cabo un cambio de cepas vellas por cepas nova autóctonas.

Hoxe, felizmente se contempla por todo o Condado do Tea, os bacelos enxertados con treixadura ou albariño que mellorarán os nosos viños.

Cos meus anos enriba aínda me lembro das formas diversas, baixas, con estacas en forma da espaller, emparradas segundo o terreo e a ventilación. Lémbrome da forma do empalme, cuña ou barbulla, atada con rafia e incluso con un pouco de terra. No primeiro caso, consistía no empalme de ambas partes a través dunha cortadura,atada con rafia e incluso con unha pouca terra. No segundo, facendo unha aleta onde se introducía o porta enxerto, atado tamén con rafia e se lle aplica terra como no primeiro caso. En forma de cuña, que é a mais común. No Condado do Tea, se fai con dúas pugas para aproveitar por si falla algunha.

Os inimigos das cepas son moitos e variados, dende as xeadas entre o marzal e maio que afecta os gromos pasando polo mildeu que e a enfermidade mais estendida, orixinada pola “Plasmopara Vitícola”, tratada con pulverizacións cúpricas ou compostos de cal apagada, fresca, sulfato de cobre e auga.

Hoxe xa se empregan funxicidas orgánicas a base de “captan” que é mais eficaz contra as pragas. Outra enfermidade e o “oidium”, o “uncinula Necator” que se desenrola na superficie dos órganos verdes das cepas que tamén se combate con o sofre. A “guionardia bidwell” que produce manchas vermellas nas follas e seca a uva despois. O “gleosporiu ampelophagom”, “excoriosis ou phama flaccida”, e algún outro mais que deben tratarse con desinfeccións moi a fondo con “cloropicrina”, sulfato de carbono.

As cepas non so son atacadas por estas enfermidades criptogámicas, senón tamén polos insectos, ácaros e arañas.

Nos meses de xuño, xullo e agosto, son os meses para a sulfatar as viñas contra as enfermidades. Existen diversos tratamentos que soen dar bos resultados. Aquel sistema primitivo chamado da escoba xa pasou fai anos a mellor vida. A máquina da mochila, xa vai indo polo mesmo camiño. A “atomizadora”, que pulveriza o líquido e moito mais rápida. E quizais a mais efectiva.

Logo no mes de setembro no que os cultivadores miman as uvas contra cal quer anomalía, sobre todo, nas aldeas, o pe dos camiños en que soen desaparecer as uvas das parreiras.

Hai un dito moi común pola zona do Condado do Tea, que cando un veciño invita soe dicir: Bebe,bebe que e teu. E pode que non lle falte razón.

Neses citados meses soe desfollarse, o que comunmente se chama a desfollada, que é quitarlle as follas innecesarias as uvas para que teñan mais sol y maduren mellor.

Por último, no mes de setembro chega o momento da limpeza das adegas, os pipotes, os bocois, e demais elementos como a prensa para que todo estea a punto nos momentos da vendima.

A vendima, as uvas e as súas características, no Condado do Tea, son elaboradas a partir de cepas básicas; a uva albariña con a loureira branca, treixadura, caíño branco, torrontés e godello.

A uva albariña, e a destacada. E xa que da uva albariña falo, direi que é a que ocupa un destacado lugar. Ten un tamaño medio, cor dourado con racímos curtos e unha graduación de 12 a 13 graos con unha acidez de 7 a 9º por litro.

O Condado do Tea, e indiscutiblemente o protagonista, e ocupa unha grande parte da superficie dos viñedos.

Tradicionalmente se cultiva en parras, con postes de granito, pero agora xa se combinan con soportes de formigón coa intención de separar as cepas do chan e da humidade.

A orixe do albariño e controvertida; se di que foran algúns freires de Cluny, entre os séculos XII e XIII, os que trouxeran as cepas, pero se di tamén que os romanos as acondicionaron no noso territorio.

Xunto o albariño, existen outras variedades, como a loureira branca ou marqués; treixadura, caíño branco, torrontes e godello, ademais dos tintos como espadeiro ou loureiro tinto.

Os viños albariños son secos de vivo aroma, afroitado, cor palla, dourado e fresco, con corpo e acidez equilibrado.

Polo tanto, a historia dos nosos viños, ven de antigo, e hoxe podemos degustalos. Ademais dun pracer tamén é un negocio.

A nosa veciña Monçao, goza da fama do albariño, baixo a Denominación de Orixe Oporto, que é a mais antiga do mundo; mentres que os Viños Verdes, grazas as óptimas propiedades dixestivas e frescura, son exquisitos para o noso padal.

O río Miño con O Tea, conforman a nosa terra de Salvaterra do Miño, nun paisaxe de formas redondeadas salpicadas de piñeiros e eucaliptos que confirmamos coas nosas visitas.

Di a tradición que fai mais de 2.000 anos que os romanos ordenaron o cultivo da viña na Fillaboa, por ser terra especial e favorable para o seu cultivo, hoxe cualificada como terra de viño sen defectos, espléndido padal, de enorme personalidade.
Ao final do século XIX, Louis Pasteur, médico francés, definira o viño como “o mais san e hixiénico das bebidas”. E revelaba o estatus que entón había.

Xa no século XX, nacen as denominacións de orixe. A elas, debemos agradecer o mosaico de viñas e adegas con cada agricultor con o seu oco especial para as viñas.

O Condado do Tea, e unha sub-zona da ribeira do Miño, na que entran os Concellos de Salvaterra do Miño, As Neves, Arbo, Crecente, Salceda de Caselas, Ponteareas, e pode que tamén entre A Cañiza, Tui e Mos, segundo teño entendido.

Todos concellos de veraneo e de boa vida. Onde degustalo viño en boa compañía.

Quero lembrar aquí dunha maneira especial a ABADIA DE TORTOREOS, terra que tantas veces pisei de rapaz, os viñedos cultivados en tempos pasados xa, favorecidos por un clima privilexiado, incluído no Condado do Tea.

Lémbrome daquel albariño fresquiño bebido no rueiro do Ravelo, baixo a sombra dun laranxeiro, en compañía de Maruja Barbeito e o seu home, a quen preguntaba si a temperatura do verán influía na colleita da uva. ¡Que tempos! E tamén, da recollida e selección da uva, do mimo e tempo de espera para degustar a nova recollida do albariño.

Mais de 27 adegas amparadas na FESTA DO VIÑO DO CONDADO, participando cada ano nas chamadas “noites gastronómicas”, na que os viños “maridan co polbo, marisco, embutidos, bacallau, churrasco, lamprea e porco”.

No Museo de Enoloxía está toda a marabillosa historia da arte de transformar a uva en viño, así como todo contido para a mellora dos viños,etc. Alí se encontran adegas, como ADEGAS GALEGAS,S.L. de Meder, ADEGAS GÁNDARA, de Mirón en Porto, ADEGA JOSÉ ARAUJO PEÑA de Porto, SEÑORÍO DE SOBRAL, de Porto, BENJAMIN MIGUEZ NOVAS, de Porto, BELISARDO RODRÍGUEZ ROMERO, de Entienza en Salceda; GRANJA FILLABOA, PAZO SAN MAURO, en Porto, EDUARDO DOMÍNGUEZ, en Tortoreos, LUSCO DO MIÑO, en Alxén, JORGE TÁBOAS CARRERA, en Canedo (Ponteareas), RAFAEL CANOSA, na Picaraña,en Porto, PAZOS DA BARREIRA, en Casal ata chegar as 27 adegas que supoñen 6.992.117 litros de albariño, 164.678 de treixadura, 36.112 de loureiro e 18.924 de outras uvas brancas. A elo, contribúen os ríos Uma, Tea, Caselas, Mendo e o pai Miño, que bañan a Oleiros, Salvaterra, Arantei, Cabreira e Porto.

A Festa Anual, no Castelo da dona Urraca coas degustacións e música e o vivo remate anual, con outras activades. ¡Que ninguén se ofenda, si non aparece aquí!