Camiño

camiño santiago fornelos

E nunca me sentín con tanta ilusión como cando cumpro anos, con ganas de vivir e de seguir facendo cousas; de seguir aprendendo, de ser útil os demais co grande anhelo de seguir contando cousas nos meus blogs, sen esperar nada a cambio.

Todos, si temos a sorte de chegar a vellos, debemos ter moi claro, que aos oitenta e oito anos a vida non e so mentes vida, nin menos marabillosa.

A máxima aspiración da xente é, e segue sendo chegar a vello, e hoxe, esta pretensión de vivir mais se converte nunha realidade, neste século XXI.

Non falarei de estadísticas, pero si do ritmo do envellecemento que é un fenómeno da historia, quizais mais importante deste século. E debemos estar preparados para o futuro inmediato con maior xente que nunca.

Eu, como outros, chegamos a ser anciáns, e por elo, e importante aprender a envellecer, tendo presente que envellecer e vivir, e que a vida a estes anos, non e menos vida, nin menos marabillosa, importante, enriquecedora e fecunda cos 50, por exemplo.

Eu, aprendín co tempo que para envellecer da forma mais positiva era necesario estar activo física e mentalmente, continuando coa actividade económica, tal como o fixen, que me axudaron a sentirme útil, para min e para os demais. Pero sobe todo o que contribúe o envellecemento e sentirse querido pola familia, amigos e veciños, valorado e admirado escribindo a diario nos meus blogs, as historias ou anécdotas da miña aldea, da miña comarca e do meu Condado de Salvaterra. A seguridade e sentimento firme do arraigo familiar de todo “neno” que se sente orgulloso pola clara perspectiva do pasado.

Todos, nenos, nenas, mozos e mozas e adultos, debemos pensar que nós, os maiores somos xa o pasado da vida. Debemos axudar a vivir con plenitude e alegría os últimos anos que nos quedan de vida, facendo sentirnos importantes, necesarios e valiosos. Isto parte de ser unha causa nobre, que é a mellor forma de aprender a envellecer da maneira mais positiva, fecunda, digna e ditosa. Envellecer e vivir mais con absoluta plenitude.

Eu, camiño xa dos noventa, os digo que e necesario aprender a entender a senectude como unha etapa mais da vida; aceptar que ninguén poida escapar a ela. Hai moitas forma de envellecer e o final recoller o que sementamos o longo da vida: As motivacións, as ilusións, a compañía, as ocupacións, as actitudes ante a vida cos problemas que afectaron o noso benestar xeral, que supón aceptar os anos cos seus pros e cotras de forma aberta e positiva, practicando unha boa hixiene mental e social, degustando cada minuto, e levando unha vida sosegada e de grande equilibrio cultivando os valores do espírito, con unha cunca de tinto ou un albariño fresco do Condado do Tea. ¡Que así sexa!