Ano a ano

tempo

De pequeno, ir indo a misa coa miña madriña a Igrexa de San Xoán de Fornelos, a hora de tomar a auga bendita a entrada, sempre me lembraba que a auga algo tería cando a bendicían.

E non é o caso do meu blog. Nin nada que se lle pareza. Os que acumulan mais visitas son, o menos en teoría, os mellores; os mais experimentados, os que ofrecen mais coñecementos, e polo tanto, dos que mais se pode aprender.

As visitas que din ter superan as miñas no meu blogs. En “Similarweb”, alcanzan as 125.000 visitas de media o mes. E ¿Que fago eu coas miñas visitas?

A frase de que algo ten a auga cando a bendicen, non e aplicable os meus dous blogs, pois xa sabedes cales son as súas posicións.

A verdade e que no mundo virtual encontramos grandes variedades de blogs. onde nos brindan mellor información sobre tecnoloxías, deportes, moda, política, etc, e sempre existen blogs. mais visitados, onde brindan mellor información. Non e o meu caso.

Sinto correr a vida como un río sen leito, e aló fora, un grande silencio como un deus durmido.

A evidencia histórica demostra que un dos postulados e o marketing para conquistar as visitas, que eu non teño.

Lémbrome da miña aldea de Fornelos da Ribeira, daquela época dourada da miña xuventude,onde avanzar era lograr a mobilidade social, que contaba coa cobertura da educación primaria nunha Escola Pública, de nenos e nenas, apostando polo progreso.

Hoxe o panorama e outro. As xeracións actuais viven de maneira crónica co peor mal que pode adquirir unha sociedade, o cal non se crea por obra e graza do Espírito Santo, ou leis divinas. E falo, por exemplo da desigualdade, que nos últimos anos creceu de forma alarmante, onde o elo enlaza: Empatía- Desigualdade- Pobreza- Violencia.

¿Que pasou pois?

Nos últimos anos a desigualdade creceu de forma alarmante, sen expectativas de acabar, con remedios crónicos que son peores que a enfermidade. E o que me pasa a min cos meus blogs. E que non sei darlles a estratexia que é o todo. Posiblemente non saiba organizar nin o tempo nin as formas.

As veces penso que ter un par de blogs. para un pobo pequeno, non da para mais. Sei tamén que non é so escribir e ter criterio, senón tamén sei que é imprescindible rodearse dunha serie de coñecementos, pero nunca sabes cal vai a ser a próxima tecla.

Non hai camiño fácil. Construír uns blogs. De éxito e un traballo que require curiosidade, dedicación, intelixencia, para saber mudar este esforzo de maneira correcta coa axuda de vostedes, que son os que teñen a palabra. Grazas.