Lembrando a Inés de Cambra e Soutomaior

pazo de petan

Señora da Casa de Teans

Señora que viúva ingresara no Convento das Agustinas Recolectas de Vilagarcía. Se di que fora un exemplo de humildade nas tarefas de varrer e fregar, vivindo dende entón, nunha profunda oración e profunda devoción o Santísimo, falecendo no 1.658.
E obriga tamén falar da nai Xacinta Visitación de Puga e Oxea, de Salvaterra, moi penitente ela, e devota do Meniño Xesús, falecendo no 1.686.

Ambas benditas morreron en cheiros de santidade.

Recollo todo isto do Libro Taboexa – As Neves, en alusión a Francisco Antonio Rodríguez Fortes, que tomara o hábito de San Francisco, levando unha vida exemplar de espírito e humildade.
Cando ía por Taboexa moraba na casa do seu tío, o presbítero Francisco Cambra, na Moreira, onde era coñecido polo frade do Mouro, en referencia a onde fora nado. Este bo home, falecera no 1.873 venerado como santo na súa vida e na súa morte.

Cabe falar tamén, do beato Manuel Gómez González, sacerdote da diocese de Tui, pero natural de San Xosé de Ribarteme, nado no 1.877 e falecido no Brasil, mártir, no 1.924.

Vivira,segundo se di, unha vida entregada aos mais débiles, sufrindo martirio, quedándose en beato, esquecido para sempre.
Todo isto ven a conto, das aparicións da Virxe nas Neves, onde un monte sen cultivo, chamado Chan dos Casteliños, no marzal do 1.667 un meniño chamado Antonio Martínez da Rocha, con once anos, fora escollido pola Virxe para tan importante acontecemento.

E xa sabemos o que ocorre na contorna ao acudir en grande número a chamada do párroco de Setados, sacando unha imaxe como a descrita polo meniño, levándoa a capela do Salvador que nese monte existía.

Aquel monte inhóspito foi convertendo en vila, As Neves, con veciños e hóspedes.

O párroco de entón, Sarmiento Otáñez, levantou a actual igrexa onde tivera lugar as ilusionantes aparicións.

A nosa terra dispón de múltiples factores que enriqueceron e deron personalidade o Condado, como San Paio, nado en Albeos, no Concello de Crecente, sufrindo martirio nas mans dos mahometanos en testemuña de fe, e na defensa das virtudes cristiás.

Así nace o San Paio de Alxen, San Paio de Fiolledo, do que falla o pai Flórez, no tomo XXIII, da súa España Sagrada, quen tamén fala de Inés Asunción de Puga, e de Iñes de Cambra, que hoxe teño a honra de lembralas aquí.

Advertisement