Todo vai de cu

ben e mal

Si. Todo o patrimonio social de Fornelos: Eidos, rueiros, campos, viñedos, asociacións. Todo o que serve para albergar un fin social, como a Xuventude Progresista que chegou a desaparecer, pola acción do tempo e outra, como a Casa Sindical, Casa do Pobo, pola ideoloxía, cousa que hoxe non se menciona, porque o final estamos vivindo un tempo no que non existe crítica social, sátira, e porque o perigo desapareceu.

¡Todo vai de cu! O final se vai, e non fixemos nada por loitar en mellorar o noso recuncho que se foi escapando o tempo. I é que Fornelos da Ribeira, goza dun ante activismo social con unha sociedade civil practicamente nula; e si algo está atomizado, desvinculado e dominado por personalismos, fronte as practicas do poder que de forma soterrada vai desintegrando a estrutura social e a resistencia cívica. Polo tanto, todo vai de cu.

Parece mentira, e observo con tristeza que Fornelos da Ribeira, vaia de cu: No traballo (quen o teña), na familia (quen a teña), nos propios pensamentos (quen os teña), e chegados a este punto, dramatizando un pouco, un se pregunta a onde dirixir a atención. E non é por nada, pois todos temos un punto en común: Amar a nosa terra.

Pero o que queira peixe, que molle o cu, e logo, escuro e fuxido como un caravel violeta respirar, timidamente oculto baixo o musgo, o licor do amor aínda o humedece, e influír polo leve declive das nádegas.

“Si as diversas asociacións culturais, veciñais e deportivas, todas unidas, incluso coa Comunidade de Montes en Man común, pero non para celebrar as romarías e algún acto, nada mais; senón loitar conxuntamente pola mellora do noso patrimonio histórico, cívico cultural, camiños, rueiros,cruceiros, capela de Santa Rosa, campo de fútbol,urbanización e saneamento das Fraguiñas, e demais rueiros, con aceiras e zonas axardinadas esixindo o Concello daqueles servizos necesarios, acorde con os tempos que corren. Recuperación do eido da Escola Pública de nenas e nenos, para un Centro Xuvenil, cemiterio cívico, non relixioso. E recuperación do pouco que queda do patrimonio histórico,con sinalización de rueiros, feitos, nomes e homes que engrandeceron o noso lar”, dando exemplo do que pode facer unha parroquia en favor do benestar social”. Todo para non ir de cu.