Todo ten un porqué

fornelos da ribeira

Me refiro a miña aldea de Fornelos da Ribeira, lexitimado pola vontade humana e liberdade. A xente de Fornelos da Ribeira, se castiga sen ser capaz de entender o que sucede en ela, esmagados por unhas circunstancias ou acontecementos, sentíndose desprotexidos e condenados a deixarse levar como un destino a vista de todos. Sen embargo, eu entendo que estes porqués poñen na pista unha aspiración incriblemente humana, como resposta a chamada de dominar e facer un uso recto da natureza, a historia, e o impulso cara a sabedoría que nos leva a sondar entre sobrancellos que nos son evidentes a primeira vista. O cal me parece tremendamente asombroso, e non me deixa indiferente.

Por outra banda, deixando a un lado esta sensación de vulnerabilidade que non debería levar a preguntarnos pola nosa propia condición, conviría facer presente tamén a capacidade que temos para ofrecer porqués e motivacións a realidade na que se vive hoxe en Fornelos da Ribeira. E mais, quizais eses porqués ofrecidos, sexan as razóns para vivir, se poidan transformar en potentes motores por riba da propia natureza. E algo propio da nosa condición, quizais das mais grandes da nosa liberdade; sobrepoñernos, adiantarnos, previr, afondar en algo dado. E dicir: Que o porqué non ten por que ser sempre algo dado, externo e dominante,senón un exercicio da nos profunda liberdade expresión plena da nosa vocación e situación no mundo en que vivimos.

Eu lles propoño os meus veciños:

1º) Afrontar o sufrimento dándolle sentido o que está a pasar en Fornelos,porque está nas nosas mans.

2º) Traballar gratuitamente, fraternalmente, e solidariamente pola terra na que fomos nados.

3º) Respectándonos e apostando pola terra.

4º) Ollando para os demais conscientes de que amamos a nosa terra.

5º) Ser conscientes de que tódalas mañas sae o SOL e a noite chega cando este se vai.

Estamos chamados a existir de forma natural, aportando canto sabemos, potenciando a vida. Transformando e potenciando o noso Fornelos e rematando aquelo que nos falta.

Fronte a tódolos porqués, poderíamos engadir a certeza de coller outras cuestións e interrogantes e poñernos en contacto coa belida terra, coa realidade da nosa aldea. Deixemos de dicir quen somos, de que pasta estamos feitos e guiemos as nosas vidas en mellores condicións por este noso Fornelos da Ribeira. Así o espero.