¿Que é unha nai para ti?

nai rigoberta bandini

Presumo que unha NAI, non significa cambiar os pañales, quentar biberóns e preparalos purés. Iso e o comezo, pois o momento no que se da conta do que é capaz, e no nacer, e dar vida polo fillo ou filla que trouxo o mundo.

Ser NAI, e cambiala vida, o tempo, e a forma de pensar dos fillos, e isto significa dar todo o seu corazón e entregalo con tódalas forzas cada día para sacalos adiante e ensinalos a vivir.

Ser NAI, significa unha razón de ser para o resto da súa vida. Ter sentimentos encontrados ao ver como os fillos crecen, avanzan dando pasos pola vida. E si hai un amor que poidamos chamar verdadeiro e sinxelo e o da NAI, porque e eterno e infindo. Na realidade ser NAI, implica seguir os pasos dos pequenos fillos, ata que se fagan grandes. E, eles ensinan,sen sabelo, a amar de maneira incondicional.

Ser NAI, significa non estar so en pensamento, pois unha NAI, sempre pensa en dobre: Polos fillos e por ela. Unha NAI se sinte tremendamente afortunada cando os fillos son o maior tesouro que pode ter, pero a maternidade non significa sempre un sorriso, senón, dor. Moitas noites de insomnio fundindo a almofada nun asfixiante abrazo, significa un mar de preocupacións, días, meses e anos, para darlles de comer.
Aguantar, tolerar con paciencia infinidade de contrasentidos. E ningún idioma, como o noso,se pode facer mellor así como o heroísmo da NAI de Edwin Chapin.

A NAI, lle doe mais que a ninguén dicir NON os fillos, medir forzas, caer e abandonalos sonos, ou desaproveitar a capacidade. . . pero coñece os límites, e pretende que os fillos aprendan.

Unha NAI, non pode vivir para os fillos, pero si pode compartir con eles.

Unha NAI, quere para os fillos que todo vaia ben na vida, pero tamén sabe do tormentosa que é. Sabe que os fillos teñen que pasear da man do demo, liberarse das cargas e tropezar mil veces na mesma pedra, porque unha NAI ver mellor que ninguén os defectos dos fillos, e sen embargo os acepta e esconde.
As NAIS, en xeral, viven as culpas con terror. Se senten culpables e responsables dos problemas. Por iso, unha NAI, carga sobre as súas costas o equipaxe do acto heroico e xeneroso.

Sacalos fillos adiante, protexelos e todo un exemplo de valentía e de amor de NAI.

Lémbrome de meniño: Me ensinarás a voar, pero non voarei no teu voo. Me Ensinarás a soñar, pero non soñarei a túa vida. Sen embargo en cada voo, en cada vida, en cada sono, perdurará sempre a sinal do camiño ensinado. E hai que dicilo: Unha NAI, non sempre e NAI, porque non te queira, non te cure a ferida profunda non te ame da maneira incondicional.

Desgraciadamente coñezo algunha que desprezou os seus fillos. E fora a rachar na cadea a curar a propia ferida. A ferida que deixara de sentir, unha forma do desamor.

Eu xa aos meus anos reviso o traxe emocionado baixo a roupa,aceptando que cada un e como é.

Debemos ter en conta de que moitas NAIS, son fillas do desamor. Tal vez así cambien o sistema, na que un novo ser non resulte danado pola falta dese amor incondicional. ¡Que así sexa!