O meigallo fora do corpo

deus demo

Coñecido na nosa parroquia como unha enfermidade hoxe, en posuír, dentro do corpo, o DEMO, que de vez en cando, pugna por saír o exterior, provocando contusións e gritos o falar de Deus, a Virxe ou algún Santo.

Isto que acontecera sendo eu un rapaz as dúas irmás do rueiro da Laxe, do meu querido Fornelos da Ribeira, que a xente do lugar dicía estaban na posesión do DEMO, non era mais que unha enfermidade que a ciencia chama histerismo. E a enfermidade das alucinacións e curacións milagrosas. Xa digo que sendo eu un rapaz, lémbrome aínda daquelas irmás das convulsións de brazos e pernas, da violencia daquelas pobres vellas que asumían a forma dun arco, cuxos extremos era cabeza e pes; gritos de verbas incoherentes, revelando as veces indiscrecións, perda de coñecemento que o abade da parroquia, don Francisco Fandiño, pretendía co exorcismo resolver a mente daquelas veciñas. Sei agora que aquela enfermidade se chama a “bola histérica”, que tiña e ten grande importancia para explicar os esforzos que “fai o DEMO”, para saír o exterior.

Claro que digo eu que, este, dentro do corpo trate de escapar pola porta, como é a boca. De aí que, cando o ende moniado está na presenza de Deus, Virxe ou Santo, se enfureza e loite por saír, imprecando irreverencias, producindo gritos,e demais cousas.

A Igrexa e o aparato que rodea a pesada atmosfera que respira, o calor das velas e outras circunstancias que fan que a crise se produza nos momentos de alzar a Hostia ou o Cáliz, facendo evidente o furor do DEMO, ante a xente que non chega a analizar tódolos detalles que causa o ataque.

Con os oitenta e oito anos enriba de min, lémbrome hoxe, daquelas dúas irmas que non sabían que tiñan un Santo predilecto, SAN PEDRO MÁRTIR, que se venera o 29 de Abril na Igrexa de Belbís en Compostela, onde se dedicaba a sacar maleficios por medio de bendicións e exorcismos que o señor abade de Fornelos da Ribeira non sabía.

Pois ben, alá se dirixían as xentes en tropel acompañando a enferma, provistos de ramos de oliva e demais conxuros, que serviran para atallar a causa destes males.

Lémbrome tamén, de como dicía o señor cura de que aquelo era obra do DEMO, para defender a súa intervención, refunfuñando e imprecando os “pillos e xudeos” de Fornelos, que tamén os había, que naquel apurado trance permitían rirse daquela situación.

Hoxe esta “sacadas do DEMO” xa non se levan, i en verdade así debe ser para ben das xentes do lugar. Descansen na paz, esta dúas veciñas da parroquia que lembro con todo o meu cariño.