A sindical, de Fornelos da Ribeira

campo leira

Tamén chamada a CASA DO POBO, era do partido socialista obreiro español, dos veciños de Fornelos da Ribeira, cando empezaron a organizarse.

A Función primordial da SINDICAL, era a política e sindical, pero tamén resulta destacar outras funcións, como a cultura e a puramente lúdica. Por esta razón A CASA SINDICAL (CASA DO POBO), contaba coas dúas escolas públicas as que axudaba economicamente, salón de actos, para teatro e cine, biblioteca, e lugar de encontro e esparexemento para os afiliados.

A SINDICAL, se establecera en Fornelos da Ribeira, dende o mesmo momento en que os traballadores, por orde los emigrados na América, empezaron a organizarse. E foi un dos primeiros en facelo, grazas as axudas económicas enviadas.

Analizando hoxe a función primordial da SINDICAL, era política, e polo tanto centro de reunión e de debate socializador (…) difundindo ideas, formando normas de condutas, engadindo outras que acabaron sendo primordiais. Tal era o caso da preocupación cultural, do combate por erradicar a ignorancia e permitir o acceso o goce de bens e elementos que eran patrimonio naquel entón dunhas cantas minorías.

Aquela boa idea da CASA SINDICAL, establecía non so albergar os traballadores, senón tamén, para loitar contra a incultura e o analfabetismo que existía, razón polo que completaban coa escola privada, convertidas en escolas nocturnas para adultos.

Era pois un substantivo da educación oficial, onde se puña especial empeño o carácter laico e racionalista, unha concepción activa da ensinanza, centralizada dos nenos no proceso de aprendizaxe, e unha especial consideración do traballo como elemento nuclear da educación, sen esquecer que, como centro de ensinanza socialista que era, esta dirixida por mestres socialistas, participaban do ambiente militante no que se desenvolvían.

Hoxe, despois de tantos anos de ditadura, queimada a SINDICAL, por un fillo da parroquia, policía política do franquismo, lémbrome das funcións que asumía aquela CASA DO POBO, como lugar de encontro e esparexemento social, a parte das actividades políticas.

Lémbrome tamén das outras actividades musicais, teatrais, aprendizaxe dos oficios que serviron de propaganda política e de escenarios de arte.

Lémbrome ben, das outras funcións que cumpría a CASADO POBO, a de estimular as relacións de solidariedade en xeral, entre todos. Sobre todo naqueles tempos na que a asistencia social distaba moito de ser universal, e na que a clase obreira estaba desamparada.

Aqueles socios eran socorridos durante a súa enfermidade igual que nos casos de accidente ou falecemento.

Aquela CASA DO POBO, fora o que se chamaba a CASA SINDICAL, onde se estudaban os problemas, se tomaban acordos, etc.

Daquela, en Fornelos da Ribeira a SINDICAL, non era ben vista pola igrexa e gobernantes, a raíz do ano 1.917. ¡Xa se sabe polo que!

Ao final, chegou a democracia e a legalización dos partidos políticos e sindicatos, houbo a partir do 1.977 un movemento reivindicativo para a devolución que que era propiedade desta xente, e o que quedara daquela queima, asumiuna a Asociación de Montes en Man común, convertida nun niño de paxaros. Nada mais.

Non sigo, porque me ferve a sangre do pasado, no meu pobo.