Ollando o pasado

seman traxica

Que fixe neste día, como intérprete da nosa historia, cabe preguntarse: ¿En que consiste facer historia? Que supoño será atender os usos, significados, lamentos e portas abertas da nosa entorna.

E agora, me pregunto: ¿Cales eran os obxectivos da historia neste século XXI? ¿Que significa hoxe facer historia? A pregunta vai acompañada da reflexión polos significados da historia, da man do historiador. Dende os primeiros debates provocados pola escisión e consolidación como tal, ata as vicisitudes en torno a memoria histórica no noso presente, obrigada a dialogar coas outras disciplinas, nuns casos para distanciarse e noutros para enriquecerse, a vez, encamiñada a cuestionar o seu propio papel no conxunto da sociedade.
Non me vou a meter nos eixes reflexivos da posición, nin na relación, nin nos inconvenientes.

Repenso a labor dos historiadores e repenso tamén o que implica de pleno o século XXI, para facer historia.

A SEMANA TRÁXICA do 1.909 a partir do tercio do século XX. E dicir o acicate da chispa do desencanto para a manifestación das tensións sociais, nadas da falta de adaptación institucional a cambiante realidade económica-social, de España aos comezos do século XX.

As protestas derivadas da Semana Tráxica en Zaragoza, que ben puideran responder a ese modelo, supuxo o estalido de protestas nas que nacían tensións provocadas polo sistema económico e social, do réxime restaurador. O malestar popular e o apoio e protesta contra a guerra, foi unha variante das consecuencias. A primeira, e mais inmediata, a integración da existencia do final da mesma no programa dos partidos da oposición, como era Partido Socialista. Outra a contribución das forzas da oposición a politización dos sectores populares. Podendo concorrer que no marco nacional non había ningún que, pola súa duración e a súa extensión territorial, parecera interesar de maneira continua e homoxénea a totalidade da poboación española, a cal debera ser materializada na localidade zaragozana o revelar os estudos que as motivacións laborais posuían maior importancia.

Así do 1.913 o 1.919 non houbo accións bélicas de grande importancia. Naquel entón, estivo presente o imaxinario colectivo zaragozano, como o proban as numerosas e representativas alocucións feitas nos mitins; ademais das protestas contra o sistema de “quintas” obxectivo da maior parte das queixas, que revelaban moitas veces engano e resistencia pasiva na Capital do Ebro, concluíndo entre o 1.917 e 1.920 nun proceso de radicalización do antagonismo social entre patróns e obreiros organizados.

O aumento da conflitividade social fora una constante dende 1.917 pasando polo 1.918 e 1.919.

Hoxe, os vellos dirixentes intelectuais e morais, senten perder terreo baixo os pes(…), e iso se debe a desesperación, as tendencias reaccionarias conservadoras, como forma particular de civilización, de cultura, de moralidade que os representan, se está descompoñendo, coa morte de toda civilización, de toda cultura e de toda moralidade.

Hoxe, a crise de dirección e condución se obxectivou na incapacidade para incorporar a xuventude nova, para educalos na sucesión, isto é, na imposibilidade para darlles satisfacción as novas esixencias que consiste en que morra o vello sen que poida nacer o novo.

Agora temos a crise catalá de perturbación, protestando seu dereito a decidir, e os estudantes que non deberan ser instrumentos do sector ideolóxico, nin comprometidos con esas actitudes instigan contra o orde (…) aproveitando a situación de confusionismo e desorde. E así nos vai.

Espero que neste ano, os movementos veciñais sexan os grandes actores da loita solidaria con proxectos compartidos. Ata as últimas aldeas de Cataluña deben chegar para que os convidados labregos a desertar da terra, con promesas de riqueza, agora árbores sen raíces, sexan estelas do suburbio que a vida estréaa e corrompe. Este é o mais doloroso problema. Aquí queda.