Verbas con memoria

memoria

Do Condado de Salvaterra e súa entorna.

Do mesmo modo que en Finlandia se enfoca a natureza da historia oral, eu dou aquí a benvida as verbas da memoria da nosa entorna, realizadas coa documentación da memoria de cando eu era meniño e que había recollido. Animo agora as xentes a intuír outras novas, sobre a práctica, aplicación e teoría da historia oral do Condado de Salvaterra do Miño.

Aquí van:
AUGA.- Denominación agua. En Fornelos da Ribeira e en toda Galicia.
ARCÁS (arcaz).- Onde se garda o grao,usada no Cumial en Ponteareas.
ARCO DO TRONO.- Arco da vella, usada no Arbo.
ARGANÓN.- Usada, rala grande de auga, en Arbo.
ARRIOLAR.- Meter as vacas e cabras, en Santa Mariña de Covelo.
ARROUXAR.- Arrastrar en Salvaterra do Miño.
AZOMBADO/A.- Apampado ou aparvado, en Arbo.
BICHA.- O as de bastos, no xogo de cartas, en Santa Mariña de Covelo.
CACHARRÓN.- Variedade de uva en Santa Mariña de Pesqueiras.
CASULO.- Espiga de millo debullada en Arbo.
CHÍA.- O tres da baralla, nas cartas en Arbo.
CIROLIÑO.- Persoa calada e covarde en Fornelos da Ribeira.
COCA, estar na.- Estar a espreitar, en Salceda de Caselas.
COCHO DO CAN.- Covacha ou oco da caluga, en Fiolledo.
CORNACHADA.- Parvada ou cousa sen valor en todo o Condado.
BLOCO, de.- Estar o coche de bloco, en A Cañiza.
DESTREMAR.- Ir o reghengo e destremar a baraka dos Quenía, en Arbo.
ENXEBRE.- Sen mesura, castizo, usada en toda Galicia.
ESPURGAR.- Pranar ou escarcar as patacas, en Arbo.
FARELO.- Folerpa de neve, se segue así, en Fornelos da Ribeira.
FATANA.- Cando fai frío e cae as fatanas, en Cedeira (As Neves).
FIGUEIRÓ.- Víchelo negro, en o Cumial (Ponteareas).
FOLLACO.- Folla do millo para os colchóns, en todo o Condado.
GRANUAR.- Ornear, asnear en Fornelos da Ribeira.
LANDIA.- Landra en Arbo.
LASCO/A.- Delgada en Santa Mariña de Covelo.
LUCECOCO.- Vagalume ou lucecú, en Arbo.
MONECO.- Presada de barro onde se asenta o enxerto, en Arbo.
OUTONO.- Acio de uva que non medrou, en Arbo.
PANCADA.- Cambio de opinión para peor en Salceda de Caselas.
PAPUZA.- Planta avultada da planta do pe, pegada os dedos en Arbo.
PARRUMEIRA.- Coa parrumeira ao ar, en Santa Mariña de Covelo.
PEIDA.- Nome común do cú, en Arbo.
PERICO.- Deposición do cabalo en Salceda de Caselas.
PERELLO.- Andar de perello, andar en coiros, en Santa Mariña de Covelo.
PICABOI.- O paxaro lavandeira, en Cabeiras (Arbo).
PISCO.- Órganos sexuais femininos en O Porriño
PROUSO.- De calquera xeito. A area viña a prouso no camión, en Santa Mariña de Covelo.
PUPIAS.- Migallas ou faragullas en Arbo.
QUEIXUEIRA.- Néboa en Santa Mariña de Pesqueiras.
RABELIÓN.- O teu pai era un rabelión da danza, en Santa Mariña de Covelo.
REBALDEIXE.- Xogo das combas en Santa Mariña de Covelo.
REGHATEIRAS DE ABRIL.- Momento de choiva e sol, en Arbo.
TOUREIRA.- Andar en celo, en Atios ( O Porriño).
URNIÓN.- O roncón da gaita, en Santa Mariña de Covelo.
URRÚ.- ser unha, en Atios (O Porriño).
VERROUCHIÑO.- Espiga de millo que non medrou, en Arbo.
VINCA.- Marca que deixa a roupa en Arbo.

Punto final, polo momento.