Escribir, rir, chorar e morrer

el eco del condado

Así é este Condado de Salvaterra do Miño: Escribir, rir, e chorar a latigazos.

Eu son un fillo da aldea, orgulloso de selo. Paso a maior parte do tempo lendo e escribindo sobre o que penso e intento facer crer os demais o que eu non creo. ¿Como que so se pode escribir louvando, en castrapo “alabando? Isto e o que miña vida queda reducida, o querer dicir o que outros non queren escoitar; ironía desesperada para poder fundir mellor, cando xa parecía haber fuxido. ¡Así está a miña vida! Condenada a dicir o que ninguén quere escoitar.

¿A favor de quen?

¿Para maior gloria de quen?

Dende logo non da súa, pois a gloria aldeán e o prestixio de salón que se pode obter na vida e “serpentina e fume”. Tal como os lo digo.

Hoxe a vida, e para min, un carnaval que pode ter a ratos odio e outros rostros admirados sen entender, pero do que non podo desenterrarme nunca. Os meus anos, e unha tarefa ingrata reservada para uns poucos. Ingrato, pero non fatal. Pertenzo a un pensamento con vocación, grito sen medo, e o problema se multiplica cando a multitude vai espida de maneira unánime. Por iso me chaman “mal galego”, porque digo dos abusos para que se corrixa. Aquí cren que so ama a terra aquel que con vergoña silencia a ignorancia e contribúe a perpetuación do mal.

Nado en tempos da II República Española, na aldea de Fornelos da Ribeira,a República, pretendía sacar a España do lamazal escurantista na que leva, tal vez, séculos, tras a evolución civil dos “seiscientos”, confirmo que este pais non ten remedio.

Polo tanto, asisto a historia da miña aldea que é a historia do país, ollando con asombro a mirada onde ninguén a pon.

Hoxe respiro ar benigno o amparo dun pobo que sabe apreciar o heroísmo mercenario que ven e pasa. E, un foi, é e será un cansado, escribindo unhas veces, chorando outras, rindo poucas, e morrendo pouco a pouco, terminando sendo un pobre de mal vivir. Así e a vida.