O agnóstico.

deus señor

Fai xa moitos anos que me considero unha persoa agnóstica, en canto a relixión católica se refire. Houbo un tempo en que me vin obrigado a crer en un Deus, cristián e católico. De aí pasei a crear o meu propio Deus, ata chegado o momento de decidir plantarme. E tal como me plantei, decidín escribir ¿Deus existe? E chegado a ese punto, ei de dicir que moitas veces fun criticado polo meu agnosticismo. O que mais me sorprendeu e que mais dun me dixera: Es un agnóstico porque non te queres mollar. Como si se tratara dunha postura fácil, logo de tantos anos.

Pois non, para min o agnosticismo non e o medio camiño entre crer ou ser ateo; non e cuestión de cantidade, senón unha cuestión que se sitúa o marxe. E simplemente, unha exposición dalgunhas afirmacións incognoscibles, ou o que é o mesmo, que non se pode coñecer.

O final, as matices poden ser tantas como as persoas físicas, mais aló de crer ou non, na existencia dun ou varios deuses, e expresar dúbidas sobre a definición de Deus, tal e como o facemos os agnósticos.

Eu, como persoa crítica, me pregunto estes matices, e agora mesmo, me considero unha persoa cuxa forma de pensar xace nalgún punto entre o apateísmo ou agnóstico forte e ateo forte.
Eu creo que os deuses non existen, que non se pode probar a súa existencia. E non por suposto, espero que o mundo comparta a miña postura, pero a teño tan definida que non me custará defendela sempre que teña que levar a contraria a outras posturas que considero equivocadas.
Eu respecto cal quer clase de crenza, pero dende o meu punto de vista, a relixión- Deus, o inventaron cando non había explicacións para o que ocorría o noso arredor, pero agora que xa sabemos como é, e porque ocorren as cousas, a existencia dun deus eterno e omnipresente, me parece superflua a súa existencia.

Ben me dicía o amigo Lecio, xastre de Fornelos da Ribeira, que me resultaba mais tranquilizador crer que hai algún deus por aí, sempre que estea da miña parte, porque senón, “a cagamos tía Paca” (con perdón).

Non obstante, lémbrome sempre da frase que levo con migo do meu tío avó Rogelio Estévez Cambra: “Para onde me levaran mis creencias, aún siendo negativas pueden estar seguros los que me lean que jamás cometería la bellaquería de arrancar del corazón de los creyentes la fe que les consuela, la esperanza que les anima y fortalece”. Así o espero.