Aló, polo mes do marzal, no eido de Cambra, no rueiro do Casco, no meu querido Fornelos da Ribeira, asombrábame ver as bágoas das viñas, e pensaba: ¿Chorarán de pena? Pensaba eu.
Falo de cando era un rapaz en tempos do marzal; tempo un pouco louco. Xa o dicía o refrán: “O marzal louvo si non move o rabo”, como corresponde o mes entre o inverno e a primavera. E, aquelas cepas pasaban de durmidas do inverno a os primeiros calores, que o facía esperanzador.
¡Cantos anos pasaron logo de darme conta que era a raíz, quen notaba que o chan ía quentándose pouco a pouco e a saiba cargada de nutrientes ía movéndose ata chegar o último recanto do planeta TERRA!
Era certamente pequeno pero tiña curiosidade pola saiba que recollía cos meus beizos, e resultaba que chegara a poda xusto por onde cortaban os sarmentos, aínda sen follas que alimentar e a saiba ía con forza, con ganas de primavera, que non lle daba tempo a frear a bágoa ferida o mundo exterior, pero me dicían que o facía de alegría, en cada ciclo da vid.
Recollendo as bágoas das cepas cos meus beizos, me preguntaba: ¿Canto lle duraba o choro? E ninguén sabía dicirme o tempo do desboque. Era curioso observar as diminutas xemas do inverno animadas polo aporte da saiba fresca. E como pouco a pouco aquelas folliñas se ían formando coas uvas. E preguntaba a madriña: ¿Porque choraban? E me dicía: Porque aínda non soubera a temperatura a os 10º que é cando recupera a absorción da auga e os elementos minerais. Claro estaba: As videiras espertaban do seu letargo invernal.
Novamente preguntaba a madriña que era unha experta nesta materia: ¿Esas bágoas non debilitaran as cepas? E me respondía: Non, salvo casos excepcionais. Por iso e aconsellable orientalos cortes da poda.
¡Quen non lembra o frío e a néboa do amañecer daqueles anos da posguerra, para desvelar o fantástico paisaxe dos viñedos da parroquia! Quen, dende entón, non deixou de ser camiñante da alma resistindo o chamamento do Sol.
A saiba comezaba o seu ascenso o sol e os paxaros correndo de árbore en árbore, de rueiro en rueiro, e as viñas chorando, e as bágoas no corte da rama, cando pola mañá te levantabas, contemplabas como a calor acariciaba a natureza e as bágoas da viña ían festexando o novo ciclo de vida.
Hoxe, amigos, recollo os pétalos, as xemas e as follas e flores de memoria. E facendo unha recolección as vou metendo nun frasco coa saiba que emanaba da corte das cepas, tamén de memoria.
Fáltanme uns anos para chegar os cen; non sei si chegarei a contalo coa saiba recollida de mozo. Morrerei e regresarei cheo de luz,saboreando a outra vida co doce canto dos primeiros xestos amorosos dos paxaros e dos meus amigos. ¿Porque non?
Debe estar conectado para enviar un comentario.