Eu son de onde a flor do toxo se viste de ouro

toxo

Eu son precisamente de onde o Alecrín do Toxo fala, e conta a lenda que cando Deus fixo as flores do toxo, o Demo, para non ser menos, creou as espiñas. Dende entón Deus permite en compensación que a mata florida do toxo floreza nesta nosa terra.

Nesta nosa terra, a flor do toxo ven soportando unha presión acentuada a causa da curiosidade e da recreación musical, que se merece. Sen embargo, este lexítimo interese pon en perigo o noso “Alecrín dourado”, que si chegou ata nós foi, en non poucas ocasións, por encontrarse en santuarios da vida silvestre.

Hoxe hai prazas, parques e igrexas e non deberíamos ocultar o sentido didáctico do Alecrín. Eu lémbrome de meniño ver florecer o toxo nas distintas épocas do ano; e dicir, que os amantes de antano prometían quererse mentres o toxo estivera en flor.

Lémbrome tamén, de que a flor do toxo se lle chama Chorima, que fala do Alecrín dourado que en ningún momento afirma que a flor do toxo sexa o Alecrín, porque o Alecrín e azul. E a Chorima do toxo habilmente manexada coa lingua pode emitir un sorprendente son como o canto dos paxaros:

“Chorima
nosa chorima tan amarela no monte
ti es a flor nosa
dos de onte e dos de hoxe.
Flor do toxo
flor do toxo
flor nosa
da nosa terra
onde as raíces son a alma
e a Chorima a saudade”:

Camiño como unha sombra
Porque me falta o Alecrín dourado,
I é tan grande a amargura
Que sente o meu corazón. . .
Que o chanto aflúe os meus ollos
E non podo remedialo
Queimando as meixelas,e
Abrindo os sucos o fogo.
E foron pasando os días
I este amor foi crecendo
I é tan grande, tan grande
Que non me cabe no peito.
Como unha sombra meu corpo
Como sombras, grande sombras
As que nubran meu cerebro
Xa non teño aqueles bicos,
Xa non teño nada, nada
So mentes esquecemento.
Aquela flor do toxo,
Aquel Alecrín Dourado,
Aquel susurro no oído,
Aquel te quero, te quero
Para sempre xa perdido.
¿Que me queda? Nada.
Devólveme pois o cariño.
¿Non ves que choro e choro
O mesmo que chora un meniño?

Os poetas cantaron a flor do toxo, como Eduardo Pondal, ante a ribeira da Cosa da Morte, e Van Gogh, pintando en vivo sobre lenzo o monte, e nos deberíamos levar a xente o monte do toxo, e cando a chorima, a flor do toxo se vista douro, pensar que o toxo e o símbolo da nosa vida humana, espiña e flor. Metámola no noso fogar e seremos felices.