De Don Esteban Picasso, Escribán, a Rogelio Estévez Cambra, Escribán

escrito

escriban

Don Esteban Picasso, e titular do Rexistro 31 da cidade de Neuquén (Arxentina), recibido como avogado e procurador da Universidade Nacional de Bos Aires (1.982), e recibido como escribán da Universidade de Morón (1.995), especialista en Documentación e Contratación Notarial, pola Universidade Nacional Arxentina (2.002), que tivo a xentileza de enviarme uns datos sobre o meu tío avó Rogelio Estévez Cambra, tamén escribán en Bahía Blanca (Arxentina), “como que no 1.904 lograra inscribir no Rexistro da Propiedade da provincia de Bos Aires, participación de sucesións sen declaracións, habilitando un procedemento sinxelo e rápido, para o cal debera discutir coas autoridades do rexistro, como aparece na Revista do Notariado da provincia de Bos Aires”.

Tamén me informa que, en anos despois funda unha revista sobre o dereito notarial que se publica en Bahía Blanca “Foro e Notariado” xa coñecida, e que estrañamente no 1.911, mais ou menos, as autoridades do rexistro, lle botan abaixo, o criterio xurídico establecido polo meu tío avó, sen ningún comentario por parte del.

Síntome moi agradecido do señor Picasso, pola información xurídica recibida, e sinto non poderlle facilitar mais datos cos que publico nas paxinas do Condado de Salvaterra do Miño.
Lendo con moito detalle o artigo da Revista do Notariado de Bos Aires, onde nomea o meu tío avó, e explica con detalle o tema das sucesións, como aparece nas páxinas 11 e 12 en casos de división de condominio non era aplicable a escritura que presentara o meu tío avó Rogelio Estévez Cambra, que e de división de herdanza, afirmando:” Cando a sucesión ten lugar con arranxo a o establecido no artº 3410 do Código Civil, os herdeiros maiores de idade poden proceder a división dos seus bens, sen necesidade de xestionar previamente a declaratoria de herdeiros. A innovación provocada polo señor Estévez Cambra, merecera nese entón ser aplaudida, pois ela, ademais de facilitar en casos especiais a tramitación dos bens beneficia grandemente os interesados cando, como no presente caso, a exigüidade do valor dos bens a dividir, son apenas insuficientes para satisfacer seu importe, os gastos que demandaría o obter a declaratoria de herdeiros”.

Debo agradecer o señor Picasso, o seu interese por nomear o meu tío avó Rogelio Estévez Cambra. Eu en nome dos moitos Estévez Cambra, case que todos avogados en Bos Aires, descendentes do irmá de Rogelio, José María; e Clemente Estévez Cambra emigrantes nesa bendita terra arxentina, o recoñecemento mais profundo, daqueles fillos de Fornelos da Ribeira que nesa terra encontraron pan e traballo, o mesmo tempo que engrandeceron a terra de acollida, a de onde foron nados, da que me honro tamén ser fillo.