A fartura daquela Nova España

CARTILLA DE RACIONAMIENTO

De cando se implantou no ano 1.943 a CARTILLA INDIVIDUAL DO RACIONAMENTO, o habitual era que alguén acudira a “tenda”, que unhas familias ben situadas era a criada, con todas as cartillas da familia e regresaba coas racións.

Tomando con humor que as veces era maior o volume que ocupaban as cartillas que o ocupado polas propias racións, quero destacar a seguinte ocorrencia: “ Un día o noso santo caudillo, pola graza de Deus, querendo coñecer de primeira man o funcionamento do racionamento, se metera de incógnito nun vagón de terceira clase, nunha Estación da Renfe. E vira un rapaz levando un par de bolsas e o Xeneralísimo lle pregunta de onde viña. E lle responde: Do racionamento, señor. Pero fixándose nel ben, con unha bolsa mais grande que a outra, lle espeta: Parece que che deron bastante. O que o rapaz responde: “Non, esta grande e as das cartillas e a do racionamento e a mais pequena”.

Comentaba El Pueblo Gallego o 30 de abril do 1.950: “Que unha muller lle dixera a un señor que camiñaba pola rúa moi distraído e absorto lendo o xornal: Vostede perdoe, e que han dado bacalao esta semana”.

Tal era a fartura que nalgunhas ocasións se retiraban mais racións das que lles correspondían oficialmente, pois non chegaba para nada e saía o humor do tendeiro:

– Vostede ten xa tomadas sete racións adiantadas. Non podo cortarlle ningún cupón mais.
– Pois entón recórteme o bigote.

Da importancia da Cartilla temos:
– Dende o primeiro día que te vin, non como.
– ¿Tanto me amas?
– E que ese día perdín a Cartilla do racionamento.

No ano 1.948 aparecera un chiste en El Pueblo Gallego:
– Entón ¿A cousa vai mellorando?
– En efecto, os prezos levan sen subir cinco segundos.
– ¡Que barbaridade o prezo da sardiña!
– ¿Teñen música?
– Si señor, a raspita.

Isto en canto a comida, pero para vestirse e calzarse a tarefa era difícil naqueles tempos. Nalgunhas casas a costureira facía os arranxos convenientes, porque tanto na roupa como na comida se facía verdadeiros milagres.

El Pueblo Gallego durante os anos do racionamento e carestía:

No cine.

– Ela. ¡Estupendo…!
– El. ¿Quen, o Robert Taylor?
– Ela. Non, o telón. Con el se podería sacar mais de oito sabas.

Tal era a cousa que un amigo coxo do pe esquerdo buscara polo rueiro a outro amigo, para mercar entre os dous un par de zapatos.

Da fartura da fame que se pasaba, El Pueblo Gallego chegara a dicir, entre 1.940 e 1.951:
– ¡Españois! ¿Aínda cagades?

Na nosa parroquia de Fornelos da Ribeira, a baixa produción agrícola gandeira facía que un porquiño valera 12 pesetas e ¿Quen o mantiña?

Demos grazas a Deus e o Demo, e a cantos por aquí aínda andamos sabendo con certeza o que custaba a vida entre 1.943 e 1.951, para a nosa sorte.