O Ravelo de Tortoreos

tortoreos

Aquel triste rueiro do ano 1.937. As veces me pregunto como foi posible non haber estado mais veces neste lembrado Ravelo. Pasear polos seus rueiros, con aquelas cores verdes do outono, e tamén pola chuvia e humidade ¡Cantas veces!

Respirar ar puro e cheirar o ambiente que timidamente se deixaba sentir baixo aquel azul celeste. A tranquilidade e a natureza por igual.

Este rueiro do Ravelo, da parroquia de Santiago de Tortoreos, pertence o albariño da “Abadía Tortoreos”. Terra que pateei de mozo, en tempos dos veciños, Pastora e Saturnino; Amelia, Pilar Babeito; a Chasca, Ubeira, as de Blanco, Rodriguiño, Novas, e outros que a partir de aquí se foron sucedendo e influíndo nas costumes, baixo aquel grande castiñeiro no eido de Pastora, fronte por fronte o eido de Pepita Cambra Múñoz e Pilar Barbeito das miñas lembranzas.

Aquí se asentaran familias fidalgas, como por exemplo, PURIFICACIÓN FONTÁN, marquesa do Pazó da Mercé, doando o pobo de Tortoreos, os Colexios, para usos educativos.

A Igrexa de Santiago, de estilo barroco,construída no século XVIII e o Cemiterio, onde descansa a miña nai, dende o ano1.937.o pe dunha roseira.

Lémbrome aínda hoxe de un Venres Santo, observando as xentes a polo requesón e mel, de tempos pasados, mais ou menos dende o século XII, cando os portugueses viñan a visitar polo Sendeiro dos Frades a aparición da Virxe o meniño Martínez no Chan dos Casteliños.

Para min, un paseo por Tortoreos era como descubrir as esculturas situadas nos montes, con unhas vistas espléndidas o Río Miño.

Naqueles tempos pasados se podían encontrar eidos solares, como o mesmo Pazo da Mercé, da familia JOSÉ ELDUAYEN GORRITI (1.823/1.898), quen casara en primeiras nupcias con a filla do marqués de Valladares e, en segundas, con PURIFICACIÓN FONTÁN e PÉREZ PALMA e MARCÓ del PONT, neta do vigués Buenaventura Marcó del Pont, filla de Ventura Fontán Marcó del Pont, marquesa do Pazo da Mercé, fundadora dos Colexios de Tortoreos.

Daquela época me lembro de don Bernabé e don Amadeo, de estudante en Vigo.

Tamén tiven referencias de MANUELA DURÁN MÉNDEZ, filla de Manuel Durán de Castro, e de Josefa Méndez, el de San Cibrán de Ribarteme e ela de Santiago de Tortoreos.

Da revolución do 1.868 en pública subasta (1.866/1.869), JUAN CAMBRA RODRÍGUEZ, merca bens de Domingo González Alonso de Castro, que pasaron os Fortes de Taboexa. Este Juan Cambra, vivira no rueiro de Altamira e estaba casado con Benita Rodríguez Rodríguez, e a filla JOSEFA CAMBRA RODRÍGUEZ, casara con JUAN ANTONIO DOMÍNGUEZ, tendo por fillo a MANUEL DOMÍNGUEZ CAMBRA.

¡Como non me vou lembrar de pequeno, de saltar de pedra en pedra, por aqueles vieiros! ¡Que tempos! Cando as fadas e os mouros andaban polo castro, e as mouras saían a peitearse con un pente de prata e ouro.

Destas terras fora Maior Suárez de Puga, casada no 1.650 con Melchor de Araujo , con escudos no pazo da Mercé.

Para terminar, digo que o Pazo da Mercé, chamado da “Mámoa”, fora de JOAQUÍN ARAÚJO E PUGA. O falecer o marqués no 1.898 a marquesa pasaba longas estancias no pazo, e fora merecedora do calificativo NAI DOS POBRES, deixando 500 pesetas para mantas e roupa de abrigo para os necesitados.

O 20 de abril de 1.921 falece en Madrid, e trasladada o panteón da capela do colexio o día 22 coa asistencia dunha multitude de xente de toda condición social.

Por Pepita Cambra Muñoz, administradora do pazo, en tempos do abade Manuel Cambra e Rivas, souben da sobriña e afillada, herdeira PURA FONTÁN, quen gozou del ata o ano 1.875 deixándoo por falta de recursos para mantelo como ela soñaba.

Debo dicir e digo, que o servizo do persoal era todo de Tortoreos, empezando pola cociñeira Hortensia e as doncelas Constantina e Salud, e o chofer Cholo, sempre fieis ata a morte da dona, no 1.989. (Documentado no arquivo diocesano de Vigo, fundación Marquesa del Pazo de la Mercé i Acta Memoria 1.912 do párroco Fandiño).