Os anos da fame, como razón de estado

fame

Para os que non viviron o período bélico do 1.936 e 1.939, cruenta, violenta e longa etapa da represión franquista, e logo os dramáticos anos de sufrimento de miseria e penuria, para dicir que por mais que o franquismo e seus ideólogos se absteñan en denominados “anos triunfais”, como un dos superviventes, os lembro que hai diferentes factores que explican as causas que propiciaron o escaso de recursos materiais e a imposibilidade da economía para sufrir as necesidades básicas.

En primeiro lugar, as consecuencias da propia guerra, porque todo conflito bélico supón un importante desgaste económico e humano, e ademais, a particularidade da guerra que xustifica o estado de desamparo e o illamento no que quedou o país. De modo que encontramos unha situación de de esvaecer no marco político mundial, utilizada a súa vez, como xustificación para a implantación dun réxime político e económico fascista. Mais si cabe, nun estado de miseria absoluta.

Si as condicións materiais eran implacables, non eran menos as estratexias ideolóxicas despregadas polo goberno para dar resposta a miseria e a fame.

A ditadura non so acalou as voces disonantes mediante a persecución e asasinato, senón tamén, a prohibición de facer referencia o estado de pobreza da xente.

A política estaba baseada na represión física, psicolóxica, económica e cultural, que favorece o enriquecemento das elites dominantes, e a vez, mediante control do “abastecemento de bens de primeira necesidade” sumiron na miseria os mais desfavorecidos.

Outra fora, a aparición dunha forte economía somerxida mediante mecanismos como o mercado negro e estraperlo durante mais dunha década que afectou a toda a esfera da vida colectiva.

Esta problemática política e social afectou o “feminismo” promovido en grande medida pola igrexa que condenaba e suprimía as conquistas en materia de igualdade alcanzada durante a II República, de tal maneira que a muller se viu limitada a ser nai, coidadora do fogar, coa retórica relixiosa do sufrimento e sacrificio persoal, utilizando o mecanismo ideolóxico, que Gloria Fuertes, expón no seu “Ter un fillo hoxe”:

Ter un fillo hoxe
Para botalo na boca dun canón,
Abandonándoo na porta da dor…
Ter un fillo hoxe
Para que pase fame o sol.

E con ven dar información destes avatares históricos que repercutiron nas nosas vidas. Non esquezamos que que o modelo socio económico capitalista e o xogo da ideoloxía nacional católica estaba a sensibilización do xénero feminismo.

Dende o 1.939 ata 1.965 temos a MIGUEL HERNÁNDEZ: “No berce da fame, meu neno estaba”.

Con “Sangue e cebola” tamén, e as nosas lareiras dos nosos fogares tratando de paliar o que había. E entre Gloria Fuertes, Francisca Aguirre, Angelina Gattell, María Beneyto e Angela Figuerra que cantaron e as veces denunciaron para crear comunidade, nunca pensaron en chegar ata onde hoxe se chegou. E a nosa obriga lembrar para que non se repita a historia.