Como sabedes os que me ledes no blog. Condado de Salvaterra do Miño, ou a Almofada Esquecida, observaredes que son un namorado da terra e dos seus segredos.
Os que me seguides encontraredes algúns mitos e moitas lendas, costumes interesantes que forman parte da nosa cultura histórica. E o fago esperando que os meus veciños e amigos, esperten a curiosidade das nosas aldeas.
Por certo, algunhas destas historias serán ficticias e outras resultaran familiares, pero eu os invito a lelas dando rédea solta a imaxinación destas pequenas narracións.
Debo dicir e digo, que Fornelos da Ribeira nun principio fora unha tribo, antes da conquista dos romanos, e os meniños traballaban como pastores, e a medida que ían crecendo eran entrenados para a caza. Chegaron os romanos e a esta tribo se uniron outras para loitar contra Roma. E pasaron outras tribos invasoras, e viñeron os Fornelos, próximos a Santiago de Compostela e lle deron o nome. E na carballeira de As Fraguiñas, encontraran a unha moura fuxitiva do castro do Eido Vello de San André de Lourido, que o ser preguntada que facía, dixo ser de moi lonxe. E tamén que alí na carballeira das Fraguiñas se escoitara un ruído xordo co cal a moura emocionada prometera dedicarlle a Virxe das Angustias (hoxe Das Dores), un emocionado homenaxe.
Nos tempos do IV Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), un día frío do outono, un fidalgo de Salvaterra recorría o camiño montado a cabalo, cando se encontrara con un mendigo na Ponte das Partidas en San Martiño de Moreira, famento e morto de frío. Este se quitara a capa, a cortara a metade, e cubrira o mendigo con unha parte. Mais adiante, xa en San Benito de Angoares, se encontrara con outro e lle ofrecera a outra metade, e sen capa seguira ata Ponteareas sufrindo o vento, cando como de milagre, se abrira o Ceo. Os raios do Sol, comezaran a quentar a terra. De aí,o “Ponteareas, pon a capa onde a vexas”.
As lendas marcaron a nosa historia como a de Inés de Castro, dama de compañía de Constanza Manuel, dona do Infante Pedro I, fillo de Afonso IV, de Portugal, herdeiro do trono portugués.
A historia e que Pedro se namora perdidamente de Inés de Castro, que a describe como bela de esvelto corpo,ollos claros, pescozo de garza, transformándoa en amante.
Desterrada e confiando que a separación física conseguira a paz, se refuxia no castelo de Albuquerque.
Morre a dona de Pedro, de parto, e querendo legalizala situación con Inés de Castro, se traslada o norte portugués,logo dun enredo de voda en segredo, pero unha sentenza executada en Coimbra, o 7 de Xaneiro do 1.355 e degolada no xardín na presenza dos seus fillos.
Se chegou a dicir que Pedro cubría o rostro con un pano negro para que ninguén o vira chorar pola perda da súa amante Inés de Castro.
Ao final, Pedro exhumou os restos, coroándoa raíña e mandando esculpir un túmulo funerario para ela.
Ámbolos dous están colocados no transepto do mosteiro de Alcobaça.
Inés de Castro, era filla de Pedro Fernández de Castro e de Aldonza Lorenzo de Valladares nada en terra ourensá, reinando despois de morta.
Houbo momento que na miña infancia que lembro con cariño, a historia xunto a lareira da cociña, aquelas aventuras da terra que nos facía sentir orgulloso de pertencer a esta terra.
Así, me contaban que un xudeu da nosa aldea de Fornelos prestara o pai dunha fermosa nena comprometida, certa cantidade de cartos que non podía devolver. E na véspera da voda se encontrara o prometido morto dunha puñalada.
Aínda que se sospeitaba do tirano, se descubre que fora a propia noiva coa intención de suicidarse ela, pero enlouquecera o ver o cadáver do noivo e quedara sen forzas para matarse. E vagando pola ribeira do río Tea, chegou ata un cruceiro de pedra, onde un día a encontraran abrazada a cruz, morta de dor.
Dende entón, nas noites de ánimas se di que se escoitaba a voz dela, chamándoo. Tódolos camiñantes o pasar rezaban ata non fai moito tempo ante ela, que dito sexa de paso, está vixiando a capela de Santa Rosa, no rueiro do Casco.
Tamén me comentaban de rapaz, que un xudeu que vivía en San Adrián de Meder, cheo de envexa dos cristiáns, ideara un plan para desprestixialos. E unha noite fora a capela da Nosa Señora da Luz, e vertera veleno sobre os pes da Virxe para que quen a bicara morrera. Sen embargo, a mañá seguinte, unha veciña fora a bicar os pes e estes se apartaran. A xente se fixa no veleno e recoñecen un milagre.
O xudeu cheo de rabia o velo fracaso, volve a capela da Luz, e arrolla un venábulo o costado da imaxe que caera o chan. Aterrorizado o xudeu a leva o eido, e o día seguinte, as xentes piadosas de Meder, foran a capela e non encontraran a imaxe, pero si en cambio, un regueiro de sangue que conducía o eido do xudeu. Alí estaba a imaxe coa ferida no costado manando sangue e o xudeu axustizado polo Barbeito inquisidor de Corzáns.
Polas terras do Condado de Salvaterra do Miño e a capital xudicial do Condado, Ponteareas, está a que un día fora “Vila de Fornelos” onde o insólito convive co silencio, e onde e posible ver como os amantes da Virxe das Dores, rezan nestes tempos enfermizos.
Nestas terras das carreiriñas do can, perpetua na memoria moitas lendas e contos de tempos remotos, conservando parte da que fora Casa Forte dos Álvarez de Soutomaior, camiño do rueiro do Casco, con outros eidos que cheiran a antigos fidalgos do lugar.
O caer a noite, meigos, menciñeiros, bruxas e magos, tomaban os rueiros da aldea, para realizar conxuros, e que cal quer mal que estivera rondando pola aldea quedaba así conxurado. Claro que todo elo, enfeitado con espectáculo de fogo, coas que se protexen coa Pasaxe do Terror.
Nos encontros entre mouros e cristiáns, por exemplo, os pagos se efectuaban en ouro, e ¿Que pasaba no Oural? Tamén esquecida na lenda. Pero non so de ouro vivían homes e mouros, pois certas lendas sufriron maldicións, como no rueiro da FRAGA, froito da persecución.
O caso é que as historias atribuídas moitas veces a santos que andaron por estes lares, fan referencia a mouros e mouras.
Sexa ou non sexa, o rueiro da FRAGA, e un lugar sagrado pre roman máxico relixioso.
A charca da LOÑA, que non so expulsaba os males do corpo, senón os espíritos, os pecados, o mal de ollo, como mostraban no rezo: “Bruxos e bruxas, mundanos e mundanas, mal non possam facer trista, contista valha-me San Xoán, o redor da miña casa assista”.
Neste tempo que vivimos, como na nosa aldea de Fornelos da Ribeira, existiron testemuñas do pasado que a tradición adornou con lendas xestadas para transmitir a cultura de forma oral, amena e entendible.
Lémbrome da similitude entre algunhas das tradicións, das crenzas vinculadas o culto a natureza e fontes, deuses asociados o culto da Lúa, relacionadas coas ermidas e rochas,como a de Nosa Señora da Asunción en Santa Mariña de Pesqueiras, derivada dunha serie de costumes que parecen gardar certo parecido cos celtas, fai mais de dous mil anos.
Aquí afloramos determinados elementos que foron configurando a Idade Media e Moderna, que se foi esfumando, sen desaparecer de todo.
O Nadal, algarabía de nenos pedindo o aguinaldo polos eidos; procesións, pequenas bromas, roubos e cambio de sitio de animais, xunto o desenfreo festivo, a pesar de que a igrexa condenara e perseguía moitas destas celebración pagáns.
Por último, da lenda da uva albariña, que apunta o século XII cando do Centro de Europa, dende o século V con os suevos e visigodos se estendera pola nosa terra e norte de Portugal.
Eu, deixando atrás a lenda, afirmo que é a variedade con mais de mil anos cultivándose, agora coa denominación Rías Baixas, está perfectamente adaptada as condicións climatolóxicas e insolación que lle ofrece o territorio.
Non vou a discutir si foron os monxes cistercienses chegados a Galicia polo Camiño de Santiago, ou mais ben acompañando os BORGOÑA, NO SÉCULO XII, por motivos da voda de Raimundo de Borgoña, coa raíña Urraca, encargados de ensinarnos a coidar as variedades asentadas.
Os viños brancos, mais refinados, si é certo, se conservaban nos mosteiros, ata o século XVIII, quen en tempos de Mendizabal foron posto en poxa pública terras e bens que ata entón, non se podían alienar, que estaban nas chamadas “mans mortas”, das ordes relixiosas, beneficiarias de doazóns, etc.
Fora o que fora, a partir destes datos, empezaron a cultivar o albariño, nos pazos e casas solares dos fidalgos. E se di que eran estes, os únicos destinatarios dos cultivos e variedades para elaborar logo, os viños frescos e refinados do albariño.
No século XX e cando se estende, condicionado polo abandono de terras, e grande parte do éxito llo debemos O Pai Miño, que nacendo no Pedregal da Serra de Meira, en Lugo, desemboca na Guarda, despois de percorrer 307.5 quilómetros sendo partícipe de afluentes con Salmóns, Troitas, Reos, Lamprea, Angula, Anguía, Saboga e Sabalo.
Para nos, O Río Tea, que nace no Faro de Avión a 940 metros e no Sur do Suído a 900, no Covelo, desembocando no Pai Miño en Salvaterra do Miño, con 50 quilómetros de percorrido cos afluentes Alén, Chabriña, Borbén, Úma e Fontes da Gándara, coas especies, Salmón, Reo, Troita,Lamprea, Anguila, Cacho, Reñosa, Gobio, Lampuxa e Solla.¡Nada menos!
Non esquezamos que moitas cousas se perden na noite dos tempos, pero este viño albariño, entre ámbalas raias do río, Monçao e Salvaterra, está cheo de lendas, moitas boas e como dixo Álvaro Cunqueiro, impulsar o noso lexendario viño albariño como un dos mellores viños de “boca en boca” e de “adega en adega” e defender o noso patrimonio vinícola. ¡Si, señor!
As novas xeracións quixera dedicarlle estas verbas, pedíndolles que non se esquezan das súas raíces, camiñando e descubrindo novos rueiros e eidos, pondo o ollo naqueles seres máxicos, sen deixarse levar pola cobiza de falsas promesas, correndo, e que o vento os golpee na faciana e axite os cabelos. Amén.
Debe estar conectado para enviar un comentario.