A mala fama dos morcegos e mouchos

morcego

Xa sabedes todos que na miña aldea de Fornelos da Ribeira, os morcegos e mouchos teñen mala fama: Son animais que pasan grande parte da súa vida, “patas pra riba” durmindo en covas e envoltos nas alas. Pero tamén viven envoltos en moitas crenzas do noso imaxinario Fornelos da Ribeira, hoxe xa desaparecido.

Que son feos e perigosos ¡Xa o sabedes! Que morden e se alimentan de sangue tamén, pero si falamos de Drácula do 1.897 temos unha imaxe tenebrosa do vampiro co morcego.

Eu lémbrome de rapaz escoitar polos rueiros de Fornelos, que había que matalos porque transmitían a rabia, e eu, preguntaba,no que se baseaba esa crenza negativa sobre os morcegos.

Hoxe, os expertos sinalan que estes animais non son nin tan malos ni tan agresivos, nin tampouco perigosos, como me dicían de rapaz e corría entre o vecindario.

Despois dun montón de anos, tiven a sorte de dar con un experto en Ciencias Biolóxicas que escribira VIAXE O MUNDO DO MORCEGO, onde detallaba as características destes animais, que botou por terra algunhas das historias que corrían pola miña aldea de meniño.

Aquel experto en Ciencias Biolóxicas contara curiosidades sobre o estilo de vida, do alimento da sangue, e do que non.

Os morcegos dixo, teñen hábitos alimenticios e no mundo hainos que comen froita, consumen polen, e se alimentan de insectos e de peixes. So mentes os morcegos hematófagos, se alimentan de sangue, os chamados vampiros comúns; os de pata peluda e ala branca, se alimentan de sangue de animais, nunca de sangue humana.

Que o morcego morde non significa que estea enfermo e transmita a rabia. O morcego ten tanto “aquel” de enfermar de rabia como cal quer outro animal; agora ben, si un se encontra con un morcego non hai que tocalo, porque pode estar ferido ou ter a rabia.

Estes animaliños, como cal quer outro, para defenderse pode chegar a morder.

Os morcegos viven en sociedade e as femias cuidan crían dos outros para que as nais poidan saír para alimentarse.

Cumprindo coa miña obriga os direi que, si tendes algún morcego no eido, expulsádeo. E si non deixádeo vivir que tamén ten dereito a vida.