Dúas moxenas de Fornelos da Ribeira

confesionario

Unha: Estando o vello Manoel botando contas no confesionario na igrexa de San Xoán de Fornelos co párroco, se escoitaran estas verbas:

– ¡Bueno! Vamos a ver. . .

– E agora fai ben e non mires a quen, como di o refrán.

– ¿Que?

– ¿Que tes que dicirme disto?

– Pois, señor cura, que algunha vez, por facelo ben, vinme obrigado a “prestar cartos” a mais dun veciño da parroquia.

– ¡Bueno! Iso está ben; protexer o próximo e unha boa obra, pero ¿Con intereses?

– Si señor, co dez por cento.

– ¡Home! Xo sei que isto non está ben.

– E moi caro, porque ai que compadecerse da miseria. Si fora si queira o 6% ¿Que tal? Pero o 9% e outra cousa. Deus, Noso Señor, castiga os que son avaros, e mais aínda cos pobres.

– Non teña cuidado por iso señor abade, porque o que está no Ceo, e ve todo o que pasa na terra, dende arriba pros de baixo, e para El, un 6%.

– ¡Que o demo te leve! Levántate e vaite de aquí, condenado, que non te absolvo polo pícaro que es.
A outra: De cando Fornelos da Ribeira fora Concello.

Estando o secretario sumando o reparto dos “consumos” na presenza do alcalde. . .

Oito, nove, doce, vinte e de vinte e catro, me levo dúas.

O alcalde cheo de razón interrompe: “Poña catro”.

– Non pode ser, porque de vinte e tres, so me levo dúas.

– Faga o que eu lle digo ¡Carallo! Poña catro, porque dúas son para vostede e outras dúas para min. ¿De acordo?

Advertisement