(Meu pai)
Na honra del, recollo na GALICIA, Diario de Vigo, do sábado 16 de xuño, do ano 1.923, unha reseña da sesión municipal de Vigo, presidida polo Sr. Arbones, para rectificar algún concepto que o Sr. Garra di que para iso precisa falar, pois a acta non estaba suficiente clara no que atende a noción do Sr. Martínez que non se había discutido bastante, e sobre a que non recaera acordo algún.
Se aproban as contas co voto en contra dos señores Garra, Espino, Echegaray, Gómez Elías, Casal, Martínez e Alonso.
Tamén se aproba a distribución dos fondos do mes e queda sobre a mesa o estado demostrativo de ingresos e gastos, formalizados en abril e maio.
En canto os Ditames, se arma un lío a forza de discutir si o ditame debe aprobarse, ser rechazado ou quedar sobre a mesa oito días para estudalo.
Ponse a debate a presentada na alcaldía propondo o nomeamento dos veciños da zona libre que han de facer o padrón de concertos para o corrente exercicio. Se procede o sorteo para a designación de vocais asociados da Xunta Municipal, e o señor Botana pregunta que sistema se vai seguir para designar os veciños que han de sortearse.
O señor Botana lembra que o ano pasado se seguira un procedemento distinto, que aínda que o gobernador non o admitira fora o único que en lóxica debera usarse, pois co procedemento ese entraban en sorteo todos os veciños incluídos no censo.
Se procedera o sorteo, resultando elixidos vocais asociados, os señores: MANUEL ESTÉVEZ CAMBRA (meu pai), e logo, Antonio Díz Salgado, Emilio Iglesias Ventura, Vicente Rodríguez Pérez, Servando Torres Pérez, José Espinosa Rodríguez, Orencio Arosa Álvarez, Eduardo Álvarez Pérez, e moitos mais, para terminar con Florentino Varela Comesaña e José Pedro Hermida.
Terminado o sorteo pedira a palabra o señor Echegaray que se lle concede.
Di que un proceso no que está incluído o subxefe da garda municipal, presentando unha declaración que non fora exacta, o señor Arbones,como alcalde, non lle deixara falar, levantándose a sesión.
Debe estar conectado para enviar un comentario.