Fornelos da Ribeira, ¿Darás pousada os pobres?

mirada pobre

Escondida detrás da carballeira de As Fraguiñas, en San Xoán de Fornelos, adormecida, a sombra do Coto de Sa, esta a Casa Forte do (IV)Pedro Álvarez de Soutomaior, arrollada polo
sempiterno río Tea, que preguizoso se desliza deleitándose nas delicias das doce veigas.

No espello das súas augas dende o rueiro de Rañe na parroquia de San Martiño en Moreira, ata o rueiro de Martín, saltan risas e suspiros de fermosas mulleres que, cantando nas luminarias mañás de San Xoán, peiteaban os seus cabelos dourados.

Fornelos ten a súa orixe no ano 968 grazas os Fornelos de Teo,o carón de Santiago de Compostela, na loita contra os mouros. Logo, despois, nace a Casa forte, dos Soutomaior, na que vivira este nobre cabaleiro, dono e señor de vidas e facendas.

Ocorrera unha noite de cru inverno. Os ventos azoutaban con violencia as paredes: o ouveo dos cans ourizaban os cabelos. Cando mais aumentaban os xemidos do vento, facendo randear as portas e fiestras,deixábase de escoitar os recíos golpes nos portalóns de entrada a Casa forte.

Saltou o fidalgo Pedro (IV) Álvarez de Soutomaior, con presteza do leito e se asomara a fiestra. Un vello, cuberto de farrapos, morto de frío e angustia, suplicaba ¡Por Deus! Albergue para aquela noite.

Por resposta, o seco son da fiestra o pecharse con moita forza. Logo silencio.

Poucos días despois, organizaba o fidalgo Pedro, unha batida de lobos e foran invitados os tamén fidalgos próximos o Conde de Salvaterra.

O (IV) Pedro Madruga, que apadriñaba a batida, habíase separado dos seus compañeiros en persecución do lobo, aló, polos montes do Oural. Caíra a noite. O verse na imposibilidade de reunirse cos seus amigos, decide pasala noite nun rueiro, posiblemente Pedrapiñeira, a escasa distancia do lugar.

Encamiñárase o primeiro eido chamando sen obter resposta algunha. Unicamente vira unha cabeza asomada a fiestra que logo pecharía con estrépito. So e bufido polo inquieto cabalo.

Afastado coa esperanza de encontrar outro rueiro, mentres xuraba en hebreo, as tebras invadiran o chan; a fatiga ía minando as forzas, cando de repente se estremece de medo, o sentir o tétrico ouvear dos lobos, que famentos axexaban o seu cabalo.

– ¡Deus santo! Non me abandones.

E ve entón, ante el, unha branca figura, cuberta con túnica rachada fronte as mans, con terribles feridas que docemente lle reprochaba:

– ¿Por que me chamas agora?

– ¡Perdón, meu Deus! Perdón, caendo a terra.

Un raio de luz fere a súa retina e abre os ollos. Olla e comproba con asombro, que se encontra detrás da Igrexa. Entón, un arranque de sinceridade, prostrado de xeonllos, da grazas a Deus, por habelo salvado, pero unha voz sosegada, Nosa Señora da Angustia,logo Nosa Señora das Dores, lle suxire:

– ¡Que a paz sexa contigo!

Se comentaba anos mais tarde, estrañados os veciños do cambio brusco que sen causa aparente, desaparecera a Casa forte e no seu lugar se construíra a Igrexa de San Xoán, e a vella que entón, estaba un pouco mais abaixo do lugar, quedara o pobre mendigo que tremendo de frío e soidade pedira acubillo para unha noite, labrada en pedra, na parte baixa da antiga igrexa:

“Darás pousada os pobres
O que habitara na casa,
E non a ocupe nin herdere
O que non queira dala”.
(Ano 1.715)

Nada sabemos da tradición nin do viaxeiro que encontrara pechada a porta da orgullosa Casa forte dos Soutomaior.