Da nosa lareira, e outras lerias

campo leira

Consultado no dicionario da Real Academia da Lingua, LAR, ven do latín LARIS, na mitoloxía, cada un dos deuses do fogar ou sitio do lume, cociña, e de sempre, os homes da nosa terra practicaban antigamente ritos empapados polos misterios das forzas ocultas da Natureza.

Nos nosos tradicionais eidos, a “lareira”, era onde se preparaba o xantar, lugar propio para o culto, porque con moita frecuencia, entre fe e superstición, os límites eran tan escaso que non cabía nun papel de fumar. Xunto o fogar a muller daba a luz os seus fillos, xunto o lume se rezaba diariamente o “santo rosario”, e no mesmo espazo se realizaban prácticas de tipo ritual, para sanear, por exemplo o mal de ollo, tan estendido por estas terras.

E si a cociña era un lugar máxico de ámbito menor, meirande familiar, a nosa terra estaba pragada de rueiros máxicos de ámbito maior, enclaves onde os calificativos de misterio insólito
ían unidos sempre a “causa”, que alí se dicía e sucedía, polo clima, a luz, a flora, ou polos sustratos culturais: Pre cristianismo,cristianismo e pagán.

En fin: Cos tempos foron cambiando as ideas, as crenzas, os valores, e o que durante xeracións se admitía e transmitía con misterio, a luz da información, foi perdendo virtude e atributos. Todo dependía do tamiz por onde pasaba a mes.

Entrar no Condado de Salvaterra do Miño por Fornelos da Ribeira, e entrar nunha aldea encanto, de fecundas memorias, sempre, seguindo o río Tea, deixando a aldea natural, e a que fora Casa Forte dos Soutomaior, derruída por un control de arrebato dun namoramento incontrolado, na que se xogou unha mala pasada. Os brunidores de lendas mantiñan a Fornelos da Ribeira, fora dos caprichos da Natureza.

As lendas coñecidas eran para aproximarnos ao coñecemento dos mitos e rueiros preñados de misterio. E para elo temos un espello:

“Señor Sant- Iago bendito
Que do Ceo baixaches
Vinte e cinco mil mouros mataches
No campo da vitoria.
Logo te fuches o Ceo
Cos santos e a gloria”.

Da nosa “lareira” pasamos polos regueiros das nosas antigas memorias, para epilogar a frase de don Miguel de Unamuno, que aínda fora de contexto, ven a conto: ¡¡Felices os pobos soñadores!! ¡¡Felices os pobos que gardan no rescaldo da súa alma algunha fe aínda sen dogma algún !!
E digo eu: “Acaso non se encontre aínda buscando, unha aldea cuxos rueiros naturais ribeirean estas terras fecundas onde se vive moi ben”.

Advertisement