¡¡Albízaras!!

deus

Agora que ¡O final! Chegoulle o día, “pola graza de Deus”, venme a memoria cando Franco se despedía deste mundo acompañado pola man de Santa Teresa de Xesús. Aquela man e non o brazo, incorrupto da santa, era a man esquerda que o ditador tiña sempre a man dende 1.937 para acometer tantos disparates e mortes.

Aquela man ía dentro dun relicario de prata,¡non era para menos!, con forma de guante e pedras preciosas. ¡Non faltaría mais, pois todos estes relicarios funcionan en prata e ouro, como o fai a Nosa Santa Nai Igrexa,para acumular riqueza!

Esta reliquia era dun militar republicano canto tivo que saír a estampidas de Málaga, deixándoa abandonada.

Non se sabe como lle chegou o ditador esa man, que dende entón, non se separou dela. Porque o heroe da Santa Cruzada, necesitaba esa man para que o guiara na condución da patria,pedíndolle o bispo de Málaga, para conservala ata o final dos seus días. E ese día chegoulle baixo o manto do Pilar, levado de Zaragoza con trozos de San Diego, chegados de Alcalá de Henares, porque, segundo se di, San Diego sacara algunhas persoas da morte, e de aí, a fama de santidade que lle acompañaba sempre, nesta ocasión non atendera de verdade o caudillo, polo que fora devolto a Alcalá, e o manto da Virxe a Zaragoza, por non prestarlle o consabido milagre.

¿Que pasara? Que o apetecible “milagre da recuperación da vida e a salvación do corpo do caudillo, non se cumprira.

Total que, a dona e filla do ditador, viaxaron a Toledo e lle entregaron a man da santa o cardeal González Martín, para que lles fixera chegar os carmelitas de Ronda, en Málaga, a citada man. Así mesmo, a viúva do ditador entregara o Cardeal Primado, a insignia da Cruz Laureada de San Fernando, que o ditador soia ostentar vestido de paisano, para que fora fixada nun “relicario”, posteriormente se obrara algún milagre, que tampouco non se cumpriu.

Cos “25 Anos de Paz”, a xente se entretiña contando chistes, e ¡Non era para menos! E logo deses 25 anos de Paz, España se come a ¡Franco! ¡Franco! E ¡Franco! E o último grito do ditador fora no retrete, cando procedera a inaugurar unha “obra” e saíra aireado:

– ¿Que le ha pasado excelencia?

– Que ha sonado el himno nacional y e tenido que cagar de pié.

Pois ben, despois de tantos anos volve o Pardo, e el, sen sabelo. Todo pola graza de Deus.