A o noso esquecido pintor e ceramista, nado en Ponteareas, o12 do marzal do 1.902, e falecido en Vigo, o 19 de outubro do 1.985.
Tras haberlle sido denegada polo Axuntamento de Ponteareas no 1.918 unha pensión para estudar pintura, grazas a Gabino Bugallal, que o levou a Madrid. Alí, con unha pensión da Deputación de Pontevedra, completou os seus estudos compaxinando o traballo na Casa da Moeda, con vistas o Museo do Prado, e o estudo de Soutomaior, que marcaría a súa obra.
No ano 1.925 trasládase a Pontevedra para o Servizo Militar, e no café Moderno, exerce de tertuliano con Castelao,Carlos Sobrino, Ramón Peña. Asiste o pazo do barón de Casa Goda, recibindo numerosos encargos, entre eles o de Pepucha Sanjurjo Oza.
No 1.927 viaxa a París, e o seu regreso a Ponteareas, pinta temas rexionalistas, como “O rapaz das Mazás”, a “Rosquilleira de Xinzo”, e a “Rapaza a beira do Miño”, expostas no Centro Galego de Bos Aires e Montevideo no 1.929.
Lle ofreceran a posibilidade de pintar varios personaxes populares, e varias obras formaron parte da exposición colectiva “La Baranda” de Mondaríz, con participación de Acuña e Pintos Fonseca no 1.930. Recibe unha bolsa de Viaxe, da Deputación de Pontevedra para ir a París. Logo a Londres grazas a viúva de Ramón González, Corona González Santos.
De Londres a Ponteareas, Guerra civil, e ceramista establecido en Arcade, reproducindo pezas antigas.
No ano 1.961, participa na exposición de Artistas Noveis en Vigo. Na década do 1.970 viaxa a Tenerife, e no 1.980 frecuenta a costa levantina realizando unha serie de paisaxes, para terminar a súa obra o 19 de outubro do 1.985 vítima dunha grave enfermidade en Vigo.
Era eu un rapaz, cando a súa irmá Maruja e Carlos que vivían en Salvaterra, visitaban a miña madriña Ildefonsa Alonso Cambra, no rueiro do Casco en Fornelos da Ribeira, e escoitaba a conversa sobre as dificultades económicas que tiñan, para dedicarse a fabricar monecas para subsistir.
O meu compañeiro Jesús Presas, en “Largando Lastre e Letras”, recolle a historia desta familia que hoxe lembro gustosamente. Porque o lembrar aquí a Antonio Medal, lémbrome dos rapaces da miña época coa súa atracción sentimental forte, e firme, con ese non sei que, que irradian as nosas mulleres, sans e ben feitas, e un belido exemplo está nas “rapazas” unha a beira do Miño, un bravo exemplo da grata lembranza da pescantina “Pepa de Soutolobre”, polas terras de Angoares, Moreira, Fornelos e Lourido, un día e outro tamén, co grande pano a cabeza, entrecruzado no tórax, que lle abrazaba a erecta firmeza dos peitos e a escultura en xuta, como un modelo de bronce. ¡Que lembranzas de neno!
Antonio Medal, o pintor que algún día encontrouse así mesmo, ¿Que lle importaba a el, a denegación da pensión económica do Concello de Ponteareas? Unha miseria, por certo.
Dicía G. Álvarez Gallego, que o seu verdadeiro triunfo estaba aí: “No retorno o traballo, e sobre todo, a terra”.
Aquí queda para sempre o meu recordatorio a todas estas familias que aínda que mortas seguen vivas na miña mente (d.e.p.) eternamente.
Debe estar conectado para enviar un comentario.