A horta e o boi

carro de bois

Ocorrera nun casal de Rañe, da parroquia de San Martiño de Moreira, que tiñan un boi a venda. A dona, lle dixera o home que xa era hora de levala a vender a feira de Ponteareas, e que era mellor ir os dous, pois tiña medo de que o enganaran. El non quería porque dicía: ¡Que dirán os veciños da parroquia, si outros homes van so a feira!

Entón ela, lle di ¡Ollo! A ver como vas a vender o boi. E que non o vendas por menos do seu valor, e ¡Coidado cos ladróns! Non te vaian a quitalos cartos. Pero el facéndose valente lle di: A min non me quitan os cartos nin vinte como eu. ¡Non teñas medo!

Así es que chegado o día da feira foise co boi a Ponteareas, e un veciño da parroquia que xa viña devolta, antes que el, déralle a noticia a dona de que o seu home había vendido moi ben o boi.

Entón a ela, non se lle ocorre outra cousa que vestirse de home cos pantalóns e roupa vella, e saír a esperalo na parroquia de San Bento de Angoares. Escondérase nunha nave que había entón, onde hoxe se acha o “tanatorio”, onde o asaltou de repente, disimulando a voz, pedíndolle: “os cartos ou a vida”.

El todo “A gravatado” resistírase, pero como insistira que si non lle daba os cartos de alí non pasaba, para que o deixara vivo entregoulle os cartos.

A “dona”, lle di: “Non creas que con isto so, te vou a deixar marchar, non, porque me tes que bicar no cu”.

O home non quería, pero non tivo mais remedio, e ¡por fin! bicouno, e o deixou marchar todo dorido, vieiro abaixo, pro eido.

A dona votara andar correndo polos vieiros atallando para chegar o casal, esperando, como si nada pasara. Cando o viu entrar enseguida se puxo a preguntarlle:

– Meu home ¿Que tal a feira?
O home non sabía que dicirlle, cabis baixo,espetoulle: “Boeno. . .”

– Pero, ¡Como que boeno!
– ¿Onde están os cartos?
– A ver o diñeiro, ou ¿Te roubaron?

Cheo de pena: Si, pero iso no fora o peor, porque o peor foi outra cousa.
– ¡Que foi, entón!
– Pois. . .
– Entón, ¿Aínda ai mais?
– Pois, si, pois ademais de darlle os cartos o ladrón, lle tiven que dar un bico no cu.
– ¡Anda que non es idiota!
– ¿Non dicías que non tiñas medo?
– ¿Non dicías que a ti non te roubaban nin vinte, coma ti?
– Pois fun eu. Así de claro.
– Xa me parecía a min, que cando biquei o cu do ladrón, cheiraba a “berberecho do eido”.

Advertisement