Nacer e morrer “e aquí a cuestión”

cementerio morte

Sonche, amigos meus, verbas conxugadas en xenealoxía, de un día si, e outro tamén. Se di decorrido, sen deternos demasiado no seu significado ata que chega a idade, como a min. O principio son verbas grandes, nos asustan. Por iso, as mais das veces o ocultamos tras dous símbolos: Un círculo para expresar o nacemento, e unha cruz, para a morte. E parecíame un bo momento para reflexionar sobre algúns dos seus matices que tantas veces pasan desapercibidos. Ambos términos teñen dúas caras: Unha amable e a outra dolosa, aínda que o nacemento e, en xeral un suceso vivido con alegría, non debemos esquecer que o acto de nacer supón sufrimento, saudade do sentir materno, e angustia ante a nova vida.

Da mesma maneira, sen morte, o ser humano non tería conciencia de vivir. Por iso,a morte é, en conxunto, un feito marabilloso que nos permite gozar da vida e facer posible outras vidas.
Sen embargo, cando pensamos nela, como feito inevitable, a maioría da xente sente medo, a evidencia do seu propio final.

A elo dedico estas verbas reconfortantes de EPICURO na súa Carta a MENECEO: “O mais estremecer dos males, a morte, non e nada para nos, xa que mentres nos “somos” a morte non está presente, e cando a morte está presente,entón nos si non “somos”. Non existe pois, nin para vivos nin para mortos. Aínda así, estarán xa os que non son.

Digo eu que a morte dun mesmo non e tan terrible como a do outro. Eu traio aquí a indagación dalgunhas sinais que quedaron da miña nai e madriña (q.e.p.d.). A morte delas, docemente, golpeadas fortemente, deixou en min un desamparo sentido polo eterno. Porque a morte me deixou ausencia, ese co que perdura e nos cambia. A ausencia nos remite a separación, o afastado de quen nos amou, pero o dicionario nos presenta unha segunda acepción que ten que ver coa perda da conciencia. I é que hai ausencias das que non nos restablecemos, deixándonos, como diría LOPE DE VEGA, “fogo na alma e na vida inferno”. ¡Así é!