A conversa entre nai e fillo

nai e fillo

– ¿Miña nai! Cúbreme ben coa manta que onte a noite pasei frío, moito frío.
– Ou ¿Xa non me queres mais? Dime si xa non me queres
– Si, fillo, quérote coma sempre.
– Antes estaba abrigado coa manta e agora non, o ¿Por que?
– Porque papá non ten traballo e houbo que empeñalo todo, ata as mantas con que te cubría, para pagar o alugueiro da vivenda, meu fillo da alma.
– Pero si papá e albanel ¿Porque non constrúe unha para nós, e así non temos que pagala?
– Porque non temos cartos.
– ¡Tonta, mais que tonta! Si so se constrúe con ladrillos, cal e area, e todo isto se encontra en cal quer parte.
– Si, pero a cal e os ladrillos custan diñeiro,o permiso para construíla, e logo, cando estea terminada, temos que seguir pagando o goberno, para que nos permita habitala.
– Pero ¿Como pode ser iso, miña nai?
– Si o pai constrúe unha vivenda ¿ten que pagala o patrón, para habitala?
– O patrón non, precisamente; senón o goberno que segundo di papá, e o patrón dos patróns, causante de roubos, fraudes e explotacións que sofren os que traballan.
– De modo que entón, ¿Os patróns son gobernos pequenos?
– Si, amparados e protexidos polo goberno grande.
– Dime, miña nai: ¿E o goberno grande quen lle constrúe a casa? ¿A fai el?
– Non meu corazón, non. El e grande e acorda para que papá e outros lla fagan.
– Así que papá fai casas pra outros, e el ten que pagar a que habita, porque senón, nos botan a rúa. Si fora eu papá, te aseguro, miña nai, que non pasaría iso.
– ¿Que farías, entón?
– Unha cousa moi sinxela: Cando viñera o goberno pequeno a cobrar, o esperaría detrás da porta con un bo garrote e racharíalle as costelas. Logo reuniría a todos os traballadores, destruiría a casa do goberno grande, obrigando a empuxar os demais para que se empregaran nunha causa xusta.
– Teño sono, miña nai. ¿Me das un bico?
– Un e mil bicos, meu corazón.

Advertisement