Un fillo de Fornelos da Ribeira “no cristo de renca”

Renca San Luis

Empezarei por dicir que RENCA, e unha antiga poboación de SAN LUIS, na ribeira do río Conlara ou Santa Rosa, que se levantara no val de en sono no 1.753 coa devoción e adoración o Noso Señor, O Cristo de Renca.

RENCA, e voz mapuche e significa herba andina, de cor amarela, ou como dixo o investigador da historia, URBANO NÚÑEZ, herbas que manteñen a súa cor durante o ano.

No Arquivo Arcebispal de Córdoba, consta o seguinte: “Establecido en esta parroquia de Renca, que todos los viernes del año se diga una misa, descubierto el crucifijo, a la que asiste todo el vecindario, llevado de la devoción a esta soberana imagen, mandamos que después de conducida la misa, vestido de capa pluvial o de alba, el cura que diga la misa, rece las letanías de los Santos y las tres oraciones que estén en el ritual, además de la pro Papa, et pro Rege, por la libertad de España, y por la quietud y sosiego de las Américas”.

Aquí estivo o fillo de Fornelos da Ribeira, Jesús Cambra e Rivas, Terciario Franciscano, que non deixara de asistir as celebracións, dende Villa Mercedes, o 3 de maio, con misa e procesión, repique de campás,salva de bombas, como na súa aldea de Fornelos da Ribeira, incluídos os tenderetes instalados con rosquillas, doces, viño, música e baile.

Para a fe de Jesús Cambra e Rivas, non había distancia e por iso peregrinou con outra moita xente o primeiro de maio.

Tiven a sorte de encontrar “CUADERNOS DEL INSTITUTO NACIONAL DE ANTROPOLOGÍA Y PENSAMIENTO LATINOAMERICANO”, e documentación en torno o culto do Cristo de Renca, e Villa Quebrada, sacando en conclusión de que a “relixión” e un campo especializado nas “crenzas”, pero non en todas, senón nas que se ten o “sagrado e divino”, preparando o campo relixioso, tal como nacera o Cristo de Renca, digno de lelo, para enteirarse.

Eu mais vello en anos que o parente Jesús Cambra e Rivas, non deixo de recoñecer que a relixión e un sistema cultural, onde os símbolos, o “ethos” dos pobos, teñen a función. E dicir: O carácter, estilo moral, calidade de vida”, porque para a Igrexa, e a ligazón coa estrutura social, os desexos e sentimentos, neste caso, tomados da historia de San Luís: “Simboloxía histórica con heroes exemplares, acontecementos históricos”, etc., que non e mais que o poder formando a “ruta peregrina”, como ocorre co “Camiño de Santiago de Compostela”, onde os poderes públicos visibilizan e promocionan, xestionan as ofertas. . . e pelexan por estar na primeira fila, deixando en evidencia a importancia de figurar nos eventos relixiosos.

Hoxe temos os medios de comunicación social, que se encargan de resaltar a participación dos políticos nas romarías e festas.

Observo aquí, como a Igrexa, tanto en España como na Arxentina, se asina así mesma o rol da encarnación e titora da identidade nacional, no século XXI, reafirmando a identidade nacional.

Jesús Cambra e Rivas, laico católico, teño entendido, que reflexionaba naqueles tempos, si non levaría na sangue os nomes dos inmortalizados, recibidos dos seus pais e avós a historia de Cristo e seus milagres.

Hoxe, este simbolismo desborda o dominio da devoción, salvo casos excepcionais, como o Cristo de la Victoria en Vigo, para descubrir algunhas estratexias políticas, para lograr prestixio, popularidade e poder. E na Igrexa universal, os símbolos sagrados eran e son importantes a hora de axudar a crear as representacións que a sociedade necesita de si mesma, para identificarse o longo do tempo. Así foi a historia, nada mais nin nada menos.

Advertisement