Hai que vivir para contalo

Camino Luz

Así é a historia que os vou a contar.

Ese rolo de render galantear, ese mostrarse. . . que da acubillo a unha persoa e tres empregadas do fogar, ese comer groseiro, ese alardear de “señor”, comportándose como burrico; ese chorar na TV. por un recoñecemento sen ter título de xornalista, ese envolverse en roupa cara, ese mostrarse sen pudor algún na “abundancia”, nun país de mais de 12 millóns de persoas en risco de pobreza, segundo a U.E. Ese ensinar “chulos de profesión” é vividores de apelidos, ese coro de amigos “pijos”, removendo o pucheiro, ese camiñar torpe, froito da vagancia, ese sobre todo iso, aínda mais obsceno o que non se debe contar.

Hai que vivilo para contalo. Sobre todo cando se trata da TV. que debe informar, formar é entreter; é o único que ofrece é des informar, deformar con un entretemento barato é mediocre. Iso si, revestido de comentaristas de “me consta” ou “non me consta”, que fan da profesión, xa de por si, famélica.

O escribir, pra min, é terapeuta; o menos así o entendo eu, arrincando a codia da vida cotián coa disposición do ánimo de repousar en cada unha das estadías da alma.

Venme a mente, Unamuno, nos seus viaxes intelectuais é espirituais. E sinto saudade do que non coñecín, para vivilo y contalo.

Busco, na miña humilde e imaxinaria mochila, algo que se lle pareza. É so, cando encontro tema, o poño sobre a mesa, é trato de cicelalo para ofrecelo sen sentir que falto o respecto.

Que conste que, penso e repenso, é so, cando teño algo para ti: “Será o último paseo”.

Lémbrome dende a fiestra do fogar do eido de Cambra, no rueiro de O Casco, no Fornelos da Ribeira, cos raios xoguetóns do amañecer, coándose pola fiestra, as árbores movéndose, volven a min o coro dos paxariños, os ramallos das follas murchas das viñas, me quedo so con migo, e con elas.

Respiro a fondo. Me sorprendo. Fornelos da Ribeira, pracer por pracer. Exuberante cor.
Os invito a saciar do pracer. Sen dúbida algunha a natureza e a mais perfecta deseñadora.
Fornelos da Ribeira tivo sorte.