É unha novela de Carlos Ruíz Zafón, educado nun colexio dos Xesuítas de Sarria, pero as miñas Sombras do Vento, son as puras historias vividas por un mociño de aldea, en Fornelos da Ribeira.
Non é unha chamada dalgún poema, non, é a visión dun fillo de aldea, da familia e sobre todo, das mulleres que caracterizaron a súa vida.
As Sombra do Vento, as miñas “sombras do vento”, teñen as súas raíces no eido de Cambra, no rueiro de O Casco, na parroquia de Fornelos da Ribeira, onde “os baúis dos recordos”, cos que viviran estas xentes noutros tempos, padeceron nas súas carnes os avatares da historia, social, política e humana que condicionaron a súa existencia.
As Sombras do Vento, “as miñas sombras”, perseguiron unha labiríntica estrutura chea de dificultades, colocando as xentes nunhas situacións físicas ou imaxinarias semellantes as historias do arxentino Jorge Luis Borges.
A miña aldea favorita sempre foi Fornelos da Ribeira. Onde a miña alma sae a pasar, hoxe, imaxinariamente, onde un faise mais sabio con so beber na casa dun veciño unha cunca de viño. Porque “As Sombras do Vento”, nas aldeas son sempre un contraste de modo que os mitos e lendas, se transforman é morren baixo o peso das vontades. Incluso na Santa Compaña.
Hoxe, xa vello, rebusco naquel “baúl dos recordos” aquel libro de Miguel de Cervantes, “El Quijote y Sancho Panza”, nunha aldea sen relación coa vida literaria é que Ruíz Zafón recupera na súa novela.
A verdade é que Jorge Luis Borges tamén no seu conto “La Biblioteca de Babel”, xoga coa idea dun lugar colmado de libros, descubertos por min no fogar de Clemente Francisco Cambra e Vilas, profesor cirurxián, que en nada tiña que ver coa literatura.
“As Sombras do Vento”, é a misteriosa realidade pasada, que lonxe de ser obxectiva está condicionada a categorías mentais, nunha aldea coma a miña. Naquelas “Sombras do Vento”, non deixa de ser as xentes ancoradas nun pasado, presas das súas lembranzas e que hoxe, son para min, o purgatorio das súas memorias, do seu propio pasado que atormentan. . .
Esta “Sombra do Vento”, termina no panteón familiar de Clemente Francisco Cambra e Vilas no cemiterio de Fornelos da ribeira, coa súa “ última morada do profesor cirurxián, o 30 de Agosto do ano de 1.872, no que recae tamén” As Sombras do Vento”, que fala, espera, esquece a alma pero perdura, no corazón que chora, de Jorge Luis Borges (1.899 / 1.986).
Polos anos 40 de século pasado da miña historia, vivía o misterio oculto no corazón de Fornelos, ambientado na aldea, nas tebras da Posguerra.,a cabalo entre ambas épocas, que son tamén dos demais. “As Sombras do Vento”, estaban gobernadas polo crego e os mestres. Non había mais. Distanciados do resto das xentes das cidades. Fidel reflexo das etapas mais negras da nosa historia, chea de contrastes, diferenciada no tempo, axitada na decadencia, inxustiza é miseria a tódolos niveis.
E nós, facéndonos partícipes, daquela situación económica, política é social, intentando cambiala. ¡Anos 40 da nosa triste historia!
“As Sombras do Vento”, son testemuñas ata hoxe, das experiencias vividas, das ideas antifranquistas, do valor da amizade, do sabor daquel primeiro bico, da inxustiza, dos avatares dun destino incerto, é a forza das”Sombras do Vento”, como ponte entre o pasado e o presente.
Tal vez, estas “Sombras do Vento” sexan para min, a experiencia vivida e o reflexo daquela xuventude da época na aldea. Aquí queda, por si acaso.
Debe estar conectado para enviar un comentario.