Letras feridas

fornelos da ribeira

Lembrando as feridas de Fornelos da Ribeira. A miña terra.

Daquela, a República Española fora ben acollida polos fillos de Fornelos. Unha das razóns de tan boa acollida fora a instauración da República, que alimentaba as esperanzas de que se aclarase a morte en 1.920 do veciño agrarista Xoán Dominguez Vieitez, do rueiro de Pedrapiñeira, pero – coma sempre-, a xustiza deu carpetazo como morte accidental.

Non tardaron en xurdir sospeitas da rede caciquil dirixida polos Bugallal. De Santiago de Compostela se recibía: Que de Ponteareas, na mañá do día 2, deste mes, fora visto tendido panza abaixo sobre unha charca en “Curxido” o cadáver de Xoán Domínguez Viéitez. Viúvo, de 74 anos, do rueiro de Pedrapiñeira… Das actuacións feitas polo xulgado se desprendía que a morte fora casual.

A convicción de que fora unha man negra, un asasinato político, fora en aumento, e se creara unha Comisión pro- esclarecemento do crime, recadándose fondos polas diversas localidades galegas, recibindo apoio das sociedades galegas obreiras.

A indignación fora a mais en Sobredo (Guillarei), 10 quilómetros de Fornelos,por unha protesta contra o pago dos “Foros”(rendas das terras), que culminou coa morte, pola forza do orde, de tres labregos.

No 1.932 as expectativas da revisión do caso eran grandes, e se aclararía o sucedido con Xoán Domínguez, pero no foi así.

Na véspera da Guerra Civil, o asunto seguía atascado no Tribunal Supremo.

As directrices políticas í económicas do réxime franquista truncaron non só a investigación, senón tamén, a labor dos agrarios e a súa cooperación cos emigrados de América.

El Tea (1.936), describe a fundación con grandes dificultades da “Xuventude Progresista” de Fornelos da Ribeira, impulsada polo animador Saturnino Piñeiro, xa no inverno do 1.918 no albergue do rueiro do Casco, cedido amigablemente por Amadeo Monteagudo, avó Delfín e de Adela Monteagudo, para preparalos estatutos e regulamento, que serían os fachos dunha nova vida, que racharía as cadeas do caciquismo.

A “Xuventude Progresista” viña de celebralo o acto coa parella da garda civil, vixiando, coma sempre- os acontecementos. Xa sabedes por que.

Nestas letras feridas, daqueles tempos, é de hoxe tamén, lémbrome do esquema de obra realizada durante a opresión de gobernos e autoridades ata a chegada da República.

E foi en Salvaterra onde se izou a bandeira tricolor no Concello, que a moitos caciques non gustou. Aquí o queda reflectido, por si acaso.

Advertisement