O meu primeiro plaxio

escrito

O meu primeiro intento de plaxio fora polos anos 48/50, pero frustado.

Porque non so fracasei intentando plaxiar a un autor, senón que, tamén o fixen pretendendo falsear a miña propia vida. Escribir ten iso:” Un pode mentir con total impunidade e sen ningún tipo de consecuencias, mais ou menos, encuberto pola ficción”.

Naqueles tempos asistía a “tertulia literaria” do Café Goya, de Vigo, con Celso Emilio Ferreiro e outros, onde había que soportar absurdas discusións, fundamentalmente porque ese era é non outro, o café literario, sometido a manipulacións que tamén as había, “que iso podería ser, pero que se empece por este outro “. . .” Te o presto si terminas pronto”, “aquel non o vai a entender”, ¡Que non se che ocorra! Etc. Aquí a manipulación chegaba a tal punto que se estendía a decisións sobre as nosas propias vidas. É o que se contradiga encontraría unha debilidade inflada de poder.

O que se encaprichara,facendo gala da mala crianza sobre o panorama político da época, xa sabía o que lle tocaba.

Naqueles tempos asistíamos a “tertulia literaria” do Café Goya, bastantes tertulianos que reiteradamente entregábamos a alma o “demo, a cambio, por exemplo, dun libro da “Historia de España” do republicano español, Ramos Oliveira, prohibido pola ditadura franquista.

Mais ou menos todos, estábamos somerxidos no sub mundo da lectura política,cada un no seu, ignorándonos mutuamente, pero nos sentíamos acompañados. Raras veces recitábamos en voz alta (salvo os poemas de Celso Emilio), fragmentos da nosa triste historia. Logo, compartíamos e despois preguntábamos: ¿Que pasou con tal cousa?

Non había maneira de que Xesús Cabezón, deixara de ler acompañado do seu wisky; non lle faltaban estratexias para lograr o seu desexo. Non. Non puido negalo que naquelas literarias tertulias do Goya, baixo a tutela do pai de Ruben, falecido recentemente,continuador delas, se recoñecera un expía da policía secreta, que para ben do pais, nos envolvía a todos politicamente coas esquerdas é algún comunista que estaba por riba do ben e mal.

Así que os episodios chamados delitos para a ditadura franquista, seguiron con “normalidade”, sobre todo cando algún de nos sacaba a pasear un libro ou revista como “Orietación Gallega” de Arxentina ou “Vieiros” do México, que conservamos como ouro en pano. Aquí, xa había os trámites na Comisaria de Vigo, para os preparativos. . . Precisamente o día que isto ocorría inmigraba eu para o Pais Vasco, buscando renovala vida é intentando aliviar o meu primeiro plaxio en “contrapunto” pechado para sempre ¡Así naceu a miña outra vida!

Advertisement