Por ser o rueiro das grandes solemnidades culturais,sociais e deportivas da parroquia, e ¡por certo! A catedral dos paxariños, sen que ninguén haxa feito un estudo, dende que se plantou a primeira árbore no “Día da árbore”, fai tantos anos. . .
Pois ben, ano tras ano, os paxariños do lugar, toman a carballeira e nos acompañan ata ben entrada da primavera polas mañás, e a caída do sol cos seus concertos. Fai, amigos, mais de 75 anos, cando meniño, a carballeira cubría todo o rueiro de As Fraguiñas, é era un encanto escoitalos os seus concertos. Identificalos non era fácil, é eu, un mozo xa, non tiña habilidade para identificalos.Tampouco daquela ninguén se fixaba na forma do “pico” e das patas destas aves. So mentes no xílgaro, nos gorrións, no paspallás, é no merlo, que loxicamente se diferenciaba no seu canto cos demais.
¡Mira que xa pasaron anos! É me lembro do veciño de Rañe, O Verderol, tocando a gaita, debaixo daqueles carballos os domingos. . . é o cantar dos paxaros en compañía. ¡Que alegría!
¿Algunha vez preguntaches porque cantan os paxaros? ¿Non os dades conta que o canto dos paxaros son sinónimo de alegría, non só nesta catedral da carballeira de As Fraguiñas, que veñen defendendo a través dos anos, senón, para atraer as femias e marcar territorio?
Seguindo a algúns investigadores sobre o cantar, o parecer gardan mais segredos do que eu pensaba. Por exemplo: “Na hora do descanso nocturno os paxaros reproducen mentalmente as cancións aprendidas durante o día,isto na nosa terra, porque nas cidades e vilas, teñen o canto mais acelerado e dura moito menos que no rural.
Algunhas pesquisas me din que, os machos que viven na periferia do bosque, empezan antes a cantar que os compañeiros das cidades que dormen menos é se expoñen a posibles depredadores. Algúns investigadores documentaron unhas 250 silabas nos seus cantorreos. Posiblemente, das asembleas de canto, durante a época reprodutiva, xaneiro/xuño, buscando atraer as femias, nesta carballeira de As Fraguiñas. Científicos da Universidade de Oxford, identificaron un “gen”, que produce unha molécula sensible a luz no hipotálamo, unha rexión do cerebro vinculada a regulación da fame, o sono e o desexo sexual.
Nesta “catedral dos paxaros” é seguro que cantaran na seguridade de que habería comida dispoñible para as súas crías, cando nazan. Exactamente como fan, tanto o “Tele club” como a asociación veciña e cultural “San Xoán”, para as súas festas e romarías.
¡Cantas veces foron para min, a “banda sonora natural” é coido que para mais dun fillo de Fornelos gozar daqueles sons!
Hoxe so me queda celebrar a existencia, os días e a alegría de vivir destas aves, en contraposición do home que viviu con sufrimento e medo. . .
Escoitade o cantar dos paxariños,
Nesta vella carballeira,
A dozura dos seus cantos,
Libres como o mesmo día,
Que escoitei sempre en silencio
Con os sons que leva o vento. . .
Hoxe o final da miña vida
Paréceme meditar. . .
¡Xuventude nunca vivida
Quen te volverá a soñar!
Debe estar conectado para enviar un comentario.