Eu tamén choro

noite morte

E me pregunto: ¿Cantas veces haberei chorado sen saber que a vida me estaba facendo un favor? ¿Cantas?

Sen entender o que ocorre no mundo, porque existir é reiniciarse, unha e outra vez, é fechar a fiestra daquel que foi o meu fogar o rueiro do Casco, en Fornelos da Ribeira, para abrila porta, mentres me secaba as bágoas por todo o acontecido.

Albert Einstein, soia dicir que si había algo do que estaba agradecido era a tódalas xentes que o longo da súa vida lle habían dito “non”. Tiña moita razón. Cada unha das desilusións sufridas por quen se negou a axudalo, lle permitiu mais tarde encontrar ese motivo no cal aprender a facer as cousas por si só.

Non sei canto chorei e choro, nin todo o que as miñas bágoas me ensinaron. No día de hoxe, son o resultado de cada un deses chantos silenciosos que vou deixando escapar. Os últimos os da miña irmá Pepiña é un mes despois a da prima Nelly Ernestina, no Bos Aires (Arxentina). Así é que hai, as veces non podes mais. A parte destas últimas bágoas o estres emocional polas calamidades do mundo, fracasos, e por cada “non” encontrados nos vieiros da vida, obrigáronme a determe, cada vez mais. É foi entón, cando aparece a indefensión e a clara sensación de haber perdido o control sobre a vida. . .

O dicía Judith Orlooff, psiquiatra e autora do libro “Liberdade Emocional”, de como deixar de ser vítima de emocións negativas co equilibrio e o chanto; despois das bágoas a calma e a claridade. Eu as veces penso, que ninguén ven a este mundo “ensinado” de fábrica. As bágoas son como ritos de paso para seguir nacendo, para saber “ o que si é o que non”. . .

Liberarnos da dor, caer no fundo das areas movedizas, mentres o sufrimento útil ten un fin, permite lanzar un “lastre“ para limparnos por dentro, aprender do “inútil” etc. Penso eu, que ser paciente e superar a tristeza, ser paciente é, para min, unha virtude do corazón tranquilo,capaz de entender que ser prudente non nos evita da tristeza.

Eu chorei polas “cebolas” que non valían a pena, chorei polos sonos que levou o vento, e tamén, polos doces desexos que se tornaron amargos. Agora aos meus anos, a curiosidade polo coñecemento humano, me anima a fechala miña particular chave, a miña escritura e a miña paixón: “Nunca adaptado ao que non me fai feliz”.

Somos unha sociedade onde o sufrimento no mundo segue sendo unha estigma. Tomamos a escondidas pastillas para o colesterol alto, o noso ánimo é baixalo. ¿Que tal de ánimo?

Hoxe, nos chega unha sensación, unha estraña sensación de que xa nada é como antes. As bágoas xa perden brillo, e vamos polo camiño de quedar en cinzas:

Non chores miña vida
Nono chores meu amor,
Mira que as túas bágoas
Me causan dor.
Si choras a ausencia
Do ben que te amei,
Chora vida miña,
Chora vida miña
Que tamén eu chorei.

Advertisement