As videiras tamén choran

viño cunca

Como eu é coma ti, as videiras, tamén choran.

Xa de pequeno, na poda, preguntaba polo choro das videiras,ninguén me dera a solución. Non a sabían. Foi despois dalgúns anos cando me acabo de decatarme de quen chora de tristeza é quen o fai de alegría, como as videiras.

Aló, polos anos 40 ollaba para as videiras que despois da poda, choraban bágoas da saiba, que para min, era o mais visible, despois do longo e xélido repouso invernal, no fogar da miña madriña. Xa mozo, vin como coa calor a saiba das videiras se puñan en movemento coa chegada da primavera, é cando o chamado índice bío – climático, sol, luz e humidade alcanzan os valores propios da vitis vinífera. É dicir: “O comezo do espertar biolóxico da planta”.

Eu, sempre teimoso, observei como as raíces comezan a absorber humidade e a saiba percorre o talo e os abrazos das videiras e o chegar aos sarmentos que se encontran mutilados pola poda; esa saiba chora ata que se cicatriza. É este, o choro da videira.

O espertar culminará no outono. Por diante queda o precioso proceso vital para tódolos nosos amigos da D.O. Nós do Condado de Salvaterra do Miño.

Hoxe me limito a lembrar aqueles cálidos veráns no fogar de Cambra, Alonso Cambra, Estévez Cambra,do que formo parte,baixo aquelas parreiras refrescantes na eira, tardes e noites, a vendima, pisalas uvas. . . é xa mociño, colgando algúns acios para facelas uvas pasas.

Lembrábame entón, de Noé (non o Noé da Escola de Lourido, que estudara comigo), que plantara viñas, de Moises, cos doce exploradores de Canáan co acios; e das vides, perdidas pola xeada, o pedrisco, as tormentas ¡Que sei eu!

Hoxe so me queda na memoria aquel “viño de cepas vellas que quentaban as orellas”. Aquel viño que si non sabias mexalo, mellor era non bebelo. Lémbrome tamén do cantar. . .

Da uva sae o viño,
Do viño a augardente
E do meu corazón sae
Cariño para quererte.
Cuncas de viño
Que ninguén despreza
E poetas que nos seus versos
Enxalzan o viño,
Para que non se esqueza.
Faise tamén o esquecido,
Como fanático do viño
Que na soidade
Da taberna,
Engule a sede,
Na cunca,
Co amigo,
É cando choran a vides,
Ou vedes o viño chorar
Non os esquezades
Choralas penas no lagar.

Advertisement