Venme a memoria hoxe, aqueles que se foron, os que fixeron realidade o noso ser. . .
Aqueles, tanto mulleres como homes, cuxa almofada murcha lembro hoxe. Aquelas xentes que sentiron amor, que soñaron un día e outro e que morreron, é que a morte os esquece e as xentes xa non lembran.
En Fornelos da Ribeira, ¿Quen non lembra as mestras e mestres, que nos guiaron o carón das letras, dos nosos avós, nos trouxeron a luz da cultura fronte a ignorancia e a pobreza?
¿Quen non lembra as nosas mulleres e homes traballando o campo coas mans encalecidas?
¿Quen non lembra aqueles irmás nosos emigrados na América, solidarios co cemiterio, a escola pública é o sindicato?
É, sen embargo se esquecen. Agora ninguén recupera a memoria.
Aqueles antepasados nosos, de sangue, que sorriron e choraron fora do eido, inmensamente solidarios, que o que hoxe somos e sentimos se llo debemos a eles. Aqueles que crearon familia con enormes dificultades. . .
Gústame enxalzar a memoria dos nosos. Dos que foron a causa de que esteamos aquí neste fermoso Fornelos da Ribeira. Fai tempo reclamei un homenaxe para todos eles, para espertar, para lembrar a imaxe do tempo que nos pertence.
Daqueles que, antes que nós, construíron vidas, eidos, fogares e sonos que o tempo foi borrando ata hoxe, pero tamén a ingratitude dos que non queren lembralos. É lembralos nos brinda ofrecer o noso mellor homenaxe.
Non nos esquezamos que somos xentes para lembrar o presente, porque o pasado sen memoria so é esquecemento, simplemente esquecemento. Pero a eles lles debemos todo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.