Bendito é esquecer, cando te axuda a quitala mala herba, pero bendita a memoria que nos acrecenta de novo, cando narramos a historia.
Mirando pro eido que xa non é noso, no rueiro do Casco, se me fai intemperie. Habitación agora araña, rama de silveiras, follas murchas, e unha numeración equivocada.
As “carreiras” como lles chamábamos, o “patín” de acceso resume a vida andada da miña nenez. A camelia, as flores, o estraño muro, a casa da alma, a miña maneira. Vale a poesía para isto, antes que a herba mala o invada todo.
Agora, en cambio, me parece mesturar futuro e pasado, para formar o presente. Penso nos que quedan varados, enganados, sen mirar o prezo e a vida de todos. Cando o enxalzado perde o brillo e as ramas parecen apertar, como un puñal cruel, a alma dos que nos miran, ¿Como quedaran?
Se di, que o futuro espera, de forma pasiva a que cheguemos; o facemos co pasado porque non figuramos, cada vez, que nos contamos unha mesma historia. Din tamén, que a memoria varía. É así, facemos o propio, pero o vamos borrando.
E terrible: “Si non lembramos, non podemos asegurar que sigan con nos contando”. . .
Debe estar conectado para enviar un comentario.