Non cabe dubida de que os demais veciños do Casco, de Fornelos da Ribeira, pensaban que eu levaba unha vida ociosa e regalada.
Pensaban que ser sobriño de Cambra, ia a ser color de rosas. É mentres eles ían a traballar as terras de mañá a noite, eu gozaba de paseos en bicicleta a Ponteareas, a Tortoreos ou Salvaterra,ou quizais gozando da ribeira do Tea que tanto me gustaba.
O mais fácil, dende logo, era crerse esa aparencia de familia de ben, sobriño de Cambra, con paxaros na cabeza, destinado as conseguir un montón de “cartos”, mudarme para Vigo, onde se falaba castrapo, mais que na propia aldea.
O certo fora que meu tío avó Rogelio Estévez Cambra, notario na Arxentina, gozaba de home de ben. Eu, no rueiro do Casco, podería ir a ver os meus amigos facilmente, pero para que ir.
Moitas veces me conformaba con abrilo o “caixón das lembranzas”, aínda que non me importaba moito, pois había entre fotografías da familia da Arxentina, por parte dos fillos de Clemente Francisco Cambra e dos sobriños, fillos de Ignacio Estévez Castro, meu bisavó, libros relixiosos, tódolos libros de estudo de Clemente, profesor de Cirurxía, e quizais o único libro de “El Quijote de la Mancha”, de Cervantes, que cheguei a ler e me parecía un “tostón” como diría un portugués.
A verdade fora que en vez de irmas foran irmáns,outro galo cantaría. Posiblemente.
A pesar de todo fun un privilexiado.
• A túa familia Cambra, moito fame nos quitou, me dixera unha vez Úrsula do Cagalleta. Con perdón.
Os Cambra Rivas, cos sobriños Estévez Cambra, emigraran a Arxentina quedando so as mulleres e cregos.
• Deberías estar contento me dixo o pai de Lecio do rueiro da Laxe. Non estaba moito.
O ambiente extremadamente relixioso, facíase insoportable; rosarios tódolos días, novenas, misas, era un ambiente opresivo.
Soia escapar a ribeira do río Tea, e na ribeira me sentaba a ler e ¡Porque non! A pensar. O que me facía ser un rapaz raro.
Un día, a miña madriña, que na gloria estea, díxome de falar con migo, de algo importante.Levarme pra Vigo. Pero antes quixo facerme unha pregunta e quería que fora honesto en contestala.
• Si che digo que vaias para Vigo, pra facerte un home de ben, o ¿aceptarías?
• Me iría agora mesmo, contestei.
Con dez anos non podería culparme da resposta. Xa con 18 anos ir indo e vindo de Fornelos a Vigo e de Vigo a Fornelos, me dixo:
• He decidido doar a Igrexa de San Xoán a capela Santa Rosa, para que se celebren cultos nela.
• Paréceme moi ben, contestei eu.
Tódalas veces que puiden ir a ver a miña madriña que tanto me lembro dela,a bicicleta me serviu para pasear por todos os rueiros de Fornelos, Pesqueiras e Moreira. Despois a regalei a Manuel de Concha, de Cimadevila que tantos anos conservou.
Hoxe aos meus anos, me entran ganas de chorar; chorar da rabia e frustración por non poder visitar agora, esa terra que tanto amei de meniño.
Era o meu fogar de Fornelos
O Sol, que alumeaba o día,
O druída que recorría os meus sentidos,
O Ceo estrelado das noites de invernía.
É aínda na distancia
O vento me trae o eco de Fornelos,
Que pecha na miña alma
Facendo que estrañe,
Cada vez mais,
Aquela terra amada.
Debe estar conectado para enviar un comentario.