Os ladróns e corruptos, son xente honrada

diñeiro

Non ai mais que velos,en primeira fila en tódolos estamentos públicos e privados do pais.

¿Quen dixo que os ladróns e corruptos non son xente honrada?

Eu digo sempre que as noticias sobre os ladróns e corrupción, son “abusos do poder” convertidos en “pan de cada día”. É nós, a xente, normal e corrente, nos asombramos de ata cando chega o descaro dalgúns, nos que confiamos e deberan ser exemplo.

Penso eu, unha vez mais que, os ladróns e corruptos son xente honrada; iso si, coa súa moral, cos seus valores sociais de convivencia, solidariedade, etc.

¿Quen dixo que son egoístas, sen vergoña é hipócritas? Si se ven por aí,tódolos días tan sociais, tan extrovertidos, tanto nas empresas como na política, loitando polo oligopolio, polos intereses a pagar da débeda pública,a sanidade, educación e ¡Vai ti a saber. . .!

Que os ladróns e corruptos son xente honrada ninguén o dúbida. Por iso teñen a “dedocracia” por mérito, é actúan colocando acólitos, pelotas, familia nunha cadea de valores que pouco a pouco van desprazando a funcionarios profesionais, suplindo oposicións, e os ascensos so pola dedocracia.

Que os ladróns e corruptos son xentes honradas os vemos nas “portas xiratorias”,dun bando e doutro, polo cal se sae da política e se entra na empresa. E se vai a política coa axuda da mesma empresa. ¿Quen dixo que non é unha xogada honrada?

Pregunto: ¿Quen é o que se atreve a dicir que os ladróns e corruptos non son xente honrada, cando permiten que as entidades financeiras e multinacionais “quebren”, é se pague con cartos públicos? ¿É que perdemos o sentido común? Aquilo do “BEN COMÚN” si que foi unha utopía para enganar, en vez dun ideal para loitar día a día.

Pregunto: ¿Para que está o Goberno, senón para a defensa da clase política, repartir prebendas entre eles, é as “migallas” para a xente mal cheirante?

Eu, amigos, pido a todos non deixar de ser ladróns e corruptos, por nada deste mundo, para seguir co “rearme ético”, o compromiso da “verdade do ladrón ou corrupto”, que nunca debe ser apartado da vida pública e da privada, para maior gloria de Deus. Xa sabedes por onde vou.

De verdade os ladróns e corruptos son xentes honradas en tódolos actos da vida. É honrado non confundilos. Están sempre preocupados polo seu benestar social, fronte a adversidade é pacientes ante a ignominia, dos que ven o mundo doutra maneira.

¡XENTES DO MUNDO!:“O roubo e a corrupción non son asuntos feos e degradantes dos que manexan os cartos, enganando a Axencia Tributaria, roubando o pobo, levando millóns das súas ganancias a paraísos fiscais, deixando sángrante o pais. . . ¡É mentira! Os ladróns e corruptos son xentes moi honradas que pensan na política, na economía, nos dereitos humanos, no dereito da propiedade, penal, fiscal é procesal. . . ¡Que cegos estades!

Pensando, e pensando, no regueiro de “santos” tirados nas gabias da vida e da historia, todos imos camiñando o Ceo, para maior gloria de Deus. ¡Non nos queda dúbida algunha!

Pero volvendo, ¿Quen dixo que os ladróns e corruptos veñen dun proceso sucio, canalla e perigoso, si os poucos cartos que chegan as nosas mans, pasan polos bancos, no escuro asunto das finanzas? ¿A que estamos xogando, pois?

Dáme a risa, escoitando o que lle vamos a deixar as xeracións futuras. Dáme a risa dos grandes xestores que temos coa “cultura da ambición”. Porque niso están os políticos, banqueiros, a ilustrísima e reverendísima Igrexa, que son os que teñen que cambiar, ¿Ou non?

Ti: Pobo que dis, que a cousa vai a peor cada día, fai que a historia da economía estea no sorriso da xente, e non orientada a gañar cartos rápidos a expensas de todos nós. Si queredes; e senón,que sigan. Alá vos. ¡Xa me entendedes!

Advertisement